Ruta da traída da auga

(Redirección desde «Senda da Auga»)

A Ruta da traída da auga é un camiño de sendeirismo que vai dende o concello de Fornelos de Montes ata o de Vigo, pasando polo de Redondela. Recibe o nome do transporte de auga desde o encoro de Eiras (no río Oitavén) ata a cidade olívica.

Características editar

Trátase dun camiño de terra sen pendentes pronunciadas e cun importante valor ecolóxico e natural. Ofrece vistas sobre a enseada de San Simón e a ría de Vigo, amais dos vales interiores do concello de Redondela. Nos tramos que percorre polo concello de Redondela, a maior parte do camiño transcorre por montes veciñais mostrando unha paisaxe en mosaico, podéndose contemplar campos de cultivo e tamén masas forestais de distinta composición.

O percorrido atravesa case tódalas parroquias do concello de Redondela, agás Cesantes e a propia Redondela: pasa por Ventosela, Reboreda, Quintela, Vilar de Infesta, Negros, Cabeiro, Cedeira, Trasmañó e Chapela.