Negros, Redondela

parroquia civil do concello de Redondela

Santo Estevo de Negros é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o IGE en 2009 tiña 533 habitantes, distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Negros
Petróglifos do Monte Penide.
ConcelloRedondela[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°15′35″N 8°37′23″O / 42.259638888889, -8.6229166666667
Poboación517 hab. (2017)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Limita ao norte coa parroquia de Cedeira, ao sur con Cabeiro, ao leste con Saxamonde e ao oeste con Trasmañó. Está atravesada pola estrada N-555 (que vai de Redondela ao aeroporto de Peinador) e a vía férrea que une Redondela e Ourense.

Historia

editar

Esta parroquia tivo importancia a comezos do século XIX na guerra napoleónica, na que a partida do cura da parroquia, Ramón Lamas obtivo recoñecemento na reconquista de Vigo, no axexo do posto de garda francés da parroquia de Saxamonde, na Barreira, e posterior informe dos movementos ós oficiais militares.

Patrimonio

editar

No monte de Santo Estevo de Negros hai restos dun poboado castrexo, o Castro de Negros[2]. Preto de alí está o complexo arqueolóxico de Monte Penide na lindeira con San Vicente de Trasmañó, Cedeira e Cabeiro, entre o que destaca a Mámoa do Rei. Asemade dos achados de olería do monte do Castro, ten ente outro patrimonio unha igrexa que ten sancristía e ábsida do XVI e a portada é de finais do XVIII. Ten muíños de auga en funcionamento, dous en Fixón, tamén en Fixón dúas pontes, unha xa citada no principio do século XIX.

Festas

editar

A festa patronal é o 26 de decembro. O primeiro domingo de outubro celébrase a festa da mazá.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Negros

editar
Lugares da parroquia de Negros no concello de Redondela (Pontevedra)

Fixón | A Igrexa | Negros | Pregal

Parroquias de Redondela

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela

Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar