Sebastiana Vitales

militante libertaria española

Sebastiana Vitales Gascón, nada en Ansó (Huesca) o 21 de marzo de 1902 e finada en Venezuela o 19 de novembro de 2000, foi unha militante libertaria española.

Infotaula de personaSebastiana Vitales
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1902 Editar o valor em Wikidata
Ascó, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 2000 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFrancisco Ballón Pequeño

Traxectoria editar

En novembro de 1920 emigrou aos Estados Unidos con 18 anos. Instalouse en San Francisco e alí coñeceu ao seu compañeiro Francisco Ballón Pequeño. Retornaron a Coruña durante a República. Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI, fundou Mujeres Libres na Coruña e colaborou en Solidaridad Obrera. Participou como oradora en varios mitins obreiros e a finais de 1935 na xira propagandística galega de Federica Montseny. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida acusada de acoller na súa casa a Juan Díaz Lobelos e Justo Galán Barbero. Estivo unha tempada encarcerada na prisión provincial. Posteriormente estivo agochada, sobrevivindo facendo estraperlo de pan branco de Sada a Coruña e despois vendendo froita nas minas de volframio da Agualada en Coristanco. En 1954 emigrou a Venezuela coas súas dúas fillas.[1] En Venezuela mantivo contactos co profesor Ángel Rama, co círculo anarquista de Tomás Germinal Gracia Ibars (Víctor García) e co grupo editor da revista anarquista Ruta.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar