Ansó é unha localidade e un concello da provincia de Huesca. A súa poboación era de 500 habitantes no ano 2007, sobre unha área de 224,05 km², o que facía unha densidade de 2,23 hab/km².

A Jacetania no mapa de Aragón

Situación xeográfica Editar

Ansó está localizado no noroeste da provincia de Huesca, na comarca da Jacetania. Forma parte do val de Ansó, que comparte co concello de Fago. Trátase dun val pirenaico, arrodeado de altas montañas, atravesado polos ríos Veral e Fago, e máis o Subordán, que nace aquí. A capital municipal, ás beiras do río Veral, está a unha altitude media de 860 m. Dista 103 km da capital provincial, Huesca.

Economía Editar

Ansó depende basicamente do sector primario, pois o turismo non está suficientemente desenvolvido. De feito é unha zona en depresión, con perda continuada da súa poboación.

Patrimonio artístico Editar

  • Igrexa parroquial, con retablos do XVII e XVIII.

Festas Editar

  • Día de exaltación do traxe ansotano, no derradeiro domingo de agosto.
  • Festas patronais, 21 de setembro.