Fago
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Fago é un concello da provincia de Huesca, situado na parte máis occidental da bisbarra da Xacetania. É un dos concellos máis pequenos de Aragón, e segundo o padrón de 2012 tiña 29 habitantes, o que supuxo un aumento en relación a 2010, cando contaba con 26 habitantes.

Xeografía Editar
Situado á beira do río Majones, próximo ao lindeiro con Navarra e próximo á localidade de Ansó. Todo o seu casco urbano pode ser considerado conxunto artístico.
É unha poboación característica da montaña pirenaica, con rúas empedradas e afortunados exemplos de arquitectura civil: empinados tellados, chemineas troncocónicas e balconadas con arrequintadas varandas de madeira.
Demografía Editar
Evolución da poboación de Fago:

Historia Editar
A súa igrexa parroquial é do século XVI, malia a conservar detalles de épocas anteriores, tales como o crismón románico que realza o adro e posúe unha boa colección de retablos románicos.
Pasou a ser coñecida o 13 de xaneiro de 2007, cando apareceu morto o alcalde da localidade, Miguel Grima. Apareceu morto nun cavorco con impactos de arma de fogo.[Cómpre referencia] Foi detido o veciño Santiago Mainar, rival político e hostaleiro do finado que fixera públicas en diferentes ocasións as súas diferenzas.[Cómpre referencia] O 3 de febreiro declárase culpábel.[Cómpre referencia] O caso foi levado á ficción televisiva co título de Fago (2008).