Sciurus meridionalis

Sciurus meridionalis, coñecida vulgarmente como esquío negro meridional ou esquío de Calabria, é unha especie de mamífero da orde dos roedores, suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos, subfamilia dos esciurinos e tribo dos Sciurini, pertencente ao xénero Sciurus.

Sciurus meridionalis
Esquío negro meridional
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[Cómpre referencia]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Esciúridos
Subfamilia: Esciurinos
Tribo: Sciurini
Xénero: Sciurus
Especie: Sciurus meridionalis
Lucifero, 1907
Área de distribución de Sciurus meridionalis
Área de distribución de Sciurus meridionalis

Área de distribución de Sciurus meridionalis
Sinonimia
Véxase o texto

É endémica dos bosques do sur da Península Itálica.[1]

Facilmente observábel nos bosques, desde os 600 a os 1 500 m de altitude, presenta unha cor escura. É probábel que pertenza a unha poboación que permaneceu illada, no período das glaciacións, das do esquío vermello presente máis ao norte, e que pouco a pouco foi diferenciándose até converterse nunha especie autónoma.[2][3][4]

Taxonomía editar

Descrición editar

Esta especie foi descrita orixinarimente no ano 1907 polo naturalista Italiano Armando Lucifero, co mesmo nome científico que hoxe ten.[1][5]

Etimoloxía editar

Para a do xénero, ver Sciurus.

O epíteto específico meridionalis, fai referencia á situación xeográfica meridional, con respecto dos outros esquíos de Italia.

Historia taxonómica editar

En 1951 Ellerman e Morrison-Scott sinonimizaron a S. meridionalis en Sciurus vulgaris italicus; porén, aceptaron como unha subespecie válida a un sinónimo júnior de S. meridionalis: Sciurus vulgaris silanus,[6] a cal ten a súa localidade tipo nas montañas Sila. Posteriormente, durante máis de medio século o esquío do sur italiano foi tratado como unha subespecie distinta do esquío vermello do norte de Italia, Sciurus vulgaris meridionalis.[1]

Análises xenéticos publicados no ano 2009 demostraron que era un taxon independente.[7] En 2013, seguindo o concepto filoxenético de especie, Gippoliti novamente elevouna ao rango de especie plena,[8] aínda que a súa aplicación foi debatida.[9] Finalmente, no ano 2017, foi formalmente elevada a especie plena.[1]

Historia evolutiva editar

Durante o Cuaternario, a rexión de Calabria quedo bioxeograficamente illada do resto da Península Itálica, ao quedar rodeada por auga mariña un conxunto de cadeas montañosas que, por evolución tectónica, foron elevadas a principios do Plistoceno medio, condición que persistiu até o Plistoceno superior. Á fauna que quedou alí enclaustrada hoxe mostra xenotipos distintos.[10][11]

Grazas a un estudo de ADN mitocondrial, no ano 2009 Grill e os seus colegas concluíron que este esquío tamén formou parte da fauna que quedara illada en Calabria, e que a súa poboación nunca voleu a conectarse coas poblacións do esquío vermello do centro de Italia, formándose deste xeito unha unidade evolutiva endémica desa rexión peninsular austral.[7]

Sinónimos editar

Admais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Sciurus vulgaris meridionalis (Lucifero, 1907)
  • Sciurus vulgaris silanus Heinrich, 1934

Características editar

A súa pelaxe ten unha coloración de parda escura a anegrada polas partes superiores, e branca polas inferiores. Seu tamaño é maior que o de Sciurus vulgaris, da cal, como vimos, se a tiña considerado apenas como unha subespecie.[1]

Distribución e hábitat editar

Este roedor é endémico dos bosques do extremo austral da Italia continental, destribuíndose especificamente polas rexións de Calabria e a Basilicata, entre o mar Tirreno, que queda ao oeste, e o mar Xónico, polo leste.[1]

Vive en bosques mixtos nas terras altas, e os seus niños a frecuntement se colocan en piñeiros ou carballos. Anbunda especialmente onde hai piñeiros negrais, xa que as súas sementes son unha importante fonte de alimento.[12]

O límite norte da súa área de distribución foi o norte do monte Pollino, pero na actualidade está estendéndose lentamente cara ao norte, até os Apeninos de Lucania (na Basilicata). O límite máis ao norte, e o máis meridional do esquío vermello, están separados por un espazo de máis de 100 km.

Ameazas editar

O esquío negro de Calabria ten unha poboación estábel, pero a súa pequena área de ditribución significa que probabelmente o seu status sexa cualificado como case amenazada ou quizais vulnerábel. A ameaza máis grave é posibelmente Callosciurus finlaysonii, o esquío de Indochina, que se introducíu cerca da súa área de dispersión.[13]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Wauters, Lucas A.; Giovanni Amori, Gaetano Aloise, Spartaco Gippoliti, Paolo Agnelli, Andrea Galimberti, Maurizio Casiraghi, Damiano Preatoni & Adriano Martinoli (2017): "New endemic mammal species for Europe: Sciurus meridionalis (Rodentia, Sciuridae)". Hystrix 28 (1): 1–28.
  2. "Scoiattolo nero". 
  3. Redazione MeteoWeb (24 de febreiro de 2016). "Sulle montagne di Calabria vive una specie unica, lo Scoiattolo meridionale". Consultado o 29 de novembro d 2021. 
  4. Peppe Caridi (25 de abril de 2017). "Le stupende immagini dell’endemico Scoiattolo meridionale sui monti di Calabria". Consultado o 29 de novembro de 2021. 
  5. Lucifero, A. (1907): Mammalia Calabra. Rivista Italiana di Scienze Naturali, Siena 5-6: 45-55.
  6. Ellerman, J. R., & Morrison-Scott, T. C. S. (1951): "Checklist of Palaearctic and Indian mammals, 1758 to 1946". Order of the Trustees of the British Museum.
  7. 7,0 7,1 Grill, A., Amori, G., Aloise, G., Lisi, I., Tosi, G., Wauters, L. A., & Randi, E. (2009): "Molecular phylogeography of European Sciurus vulgaris: refuge within refugia?. Molecular Ecology '18 (12): 2687-2699.
  8. Gippoliti, S. (2013): "Checklist delle specie dei mammiferi italiani (esclusi Mysticeti e Odontoceti): contributo per la conservazione della biodiversità". Bolletino del Museo Civico di Storia Naturasle di Verona (Botanica e Zoologia) 37: 7-28.
  9. Zachos, F. E. & Lovari, S. (2013): "Taxonomic inflation and the poverty of the Phylogenetic Species Concept—a reply to Gippoliti and Groves". Hystrix 24 (2): 142-144.
  10. Castiglia, R., Annesi, F., Aloise, G., & Amori, G. (2007): "Mitochondrial DNA reveals different phylogeographic structures in the water shrews Neomys anomalus and N. fodiens (Insectivora: Soricidae) in Europe". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 45 (3): 255-262.
  11. Canestrelli, D., Cimmaruta, R., & Nascetti, G. (2008): "Population genetic structure and diversity of the Apennine endemic stream frog, Rana italica–insights on the Pleistocene evolutionary history of the Italian peninsular biota". Molecular Ecology 17 (17): 3856-3872.
  12. Cagnin, Mara; Gaetano Aloise, Fabiola Fiore, Vincenzo Oriolo, Luc A. Wauters & Randi, E. (2000): "Habitat use and population density of the red squirrel, Sciurus vulgaris meridionalis, in the Sila Grande mountain range (Calabria, South Italy)". Italian Journal of Zoology 67 (1): 81–87.
  13. Alulagnier, S., Haffner, P., Mitchell-Jones, A., Moutou, F. & Zima, J. (2009). Guía de los Mamíferos de Europa, del norte de África y de Oriente Medio. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 166–167. ISBN 978-84-9655-352-1. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar