Armando Lucifero
O marqués Armando Maria Lucifero di Aprigliano, nado o 18 de setembro de 1855 en Crotone (Calabria), e finado o 27 de decembro de 1933 en Roma, foi un nobre, poeta, escritor, historiador, numismático, arqueólogo e naturalista italiano.[1]
Busto de Armando Lucifero | |
Nome orixinal | Armando Maria Lucifero di Aprigliano |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de setembro de 1855 Crotone |
Morte | 27 de decembro de 1933 Roma |
País de nacionalidade | italiana |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, historiador, numismático, arqueólogo e naturalista |
Familia | |
Familia | Lucifero (en) |
Fillos | Falcone Lucifero |
Pais | Antonio Lucifero e Teresa Capocchiano |
Irmáns | Alfonso Lucifero Alfredo Lucifero |
Traxectoria
editarLucifero naceu en Crotone o 18 de setembro de 1855. Era fillo do marqués e alcalde de Crotone Antonio Lucifero e da súa esposa Teresa Capocchiano, que formaban parte dunha das familias patricias máis antigas da cidade.
Irmán de Alfonso, deputado do Reino de Italia, e de Alfredo, capitán de navío. Foi pai de Falcone Lucifero, que foi ministro da Casa Real baixo Humberto II de Savoia.
Educado segundo os estritos criterios da época, dedicouse con proveito ao estudo de diversas disciplinas, desde a literatura á historia, e desde a ciencia á arqueoloxía.
En lugar de abandonar a súa cidade natal, como adoitaban faceren moitos estudosos da época, viviu sempre en Crotone xunto ao seu pai, ao coidado das propiedades da familia. Desvinculándose do modus operandi dunha fidalguía que, naqueles anos, no marquesado crotonés vivía na "máis completa apatía", encargando aos arrendatarios o coidado das extensas leiras que aínda atraían o Sur. Armando Lucifero soubo adiantarse aos tempos, aplicando sistemas próximos aos modernos métodos emprendedores na xestión do territorio e en particular na relación cos traballadores.
En Mammalia Calabra, unha serie de artigos publicados na Rivista di Scienze Naturali di Siena, recollidos en volume en 1909, deixa unha interesante proba da súa sensibilidade ante os males que aflixen ás clases máis humildes, propoñendo máis dunha alternativa á condición agrícola do crotonese".
Obras
editarDentro da súa obra científica destacan tres traballos, que aínda hoxe son certamente interesantes, e documentan a atención prestada polo estudoso na análise da avifauna calabresa. Avifauna Calabra é, de feito, o título dun deles, que apareceu primeiro en forma de artigos, publicados na revista ornitolóxica Avicula e despois publicado en Siena en 1901.
Lucifero estaba profundamente namorado da súa Calabria natal. Son numerosas as coleccións ornitolóxicas, numismáticas e de fósiles doadas a Calabria.
Tamén cabe destacar o seu traballo como colaborador da edición francesa da obra La Grande Grèce do arqueólogo e asiriólogo parisiense François Lenormant (1837-1883).[2]
Nas relacionadas coa zooloxía destacan:
- Avifauna Calabra, e
- Avifauna e mammiferi della Calabria: selezione di scritti naturalistici. Reimpreso en 2003 en Boloña: Greetime Stampa.
Premios e recoñecementos
editarEn 1983, con motivo do cincuenta aniversario da súa morte, o seu fillo Falcone foi o promotor dun premio nacional "Armando Lucifero" dirixido sobre todo a novos estudosos, dedicado á memoria do seu pai e reservado a obras históricas sobre Calabria, desde a prehistoria ata a idade contemporánea, publicadaa nos últimos tres anos ou inéditas. Os premios concedidos deberían ser dous, de 3 e 2 millóns de liras, ofrecidos por Falcone Lucifero. Xa en 1936 convocouse un concurso para unha obra histórica, gañado pola estudosa calabresa Teresa La Cava.
Tamén con motivo da celebración do cincuenta aniversario reeditáronse dúas obras de Armando Lucifero, Mammalia Calabra e Il 1799 nel Regno di Napoli, mentres que en 1976 tivo lugar unha reimpresión de La Magna Grecia.
Notas
editar- ↑ "Biografia di Armando Lucifero sul sito del Comune di Crotone". Consultado o 29 de novembro de 2021.
- ↑ "Armando Lucifero sul sito della Biblioteca di Crotone".