Sasha Sokolov

escritor en lingua rusa

Sasha Sokolov (polo seu nome completo Аleksandr Vsévolodovich Sokolov), nado en Ottawa, Canadá o 6 de novembro de 1943, é un escritor en lingua rusa. É un dos prosistas máis importantes da literatura rusa moderna, coñecido sobre todo pola súa novela "Школа для дураков" (en galego: Escola para parvos). Polo escaseza da súa obra e a negativa a publicar os seus traballos foi a miúdo comparado co escritor estadounidense J. D. Salinger.[Cómpre referencia]

Traxectoria

editar

Aleksandr Sokolov naceu en Otawa onde seu pai, Vsévolod Sokolov, era agregado militar da embaixada soviética. O ano 1946 o pai de Sasha Sokolov foi acusado de espionaxe e expulsado de Canadá. Un ano despois a familia estableceuse en Moscova. Alí, despois de finalizar a escola, Sasha traballou un tempo na morgue. En 1962 entrou no Instituto Militar de Linguas Estranxeiras, onde permaneceu ata 1965. Para evitar facer o servizo militar finxiu un desequilibrio mental e pasou tres meses ingresado nun sanatorio, ao que volvería anos máis tarde. Fixo varios intentos de fuxir da Unión Soviéica. En 1962 foi detido cando tentaba cruzar a fronteira con Irán. Foi condenado a tres meses na cadea e só evitou un castigo máis severo grazas ás amizades e influencias do pai.

En 1965 fíxoze mebro du grupo literario SMOG e participou na primeira intervención pública do grupo. As súas primeiras publicacións poéticas apareceron en forma de samizdat co pseudónimo de Veligosh. En 1967 entrou na faculta de periodismo da Universidade Estatal de Moscova. No terceiro curso decidiu facer educación a distancia. En 1967—1968 apareceron os seus primeiros artículos e relatos en xornais soviéticos. Entre 1969 e 1971 traballou como reporteiro no periódico "Rusia Literaria". Ata ese momento non tivera ningún contacto con personaxes da literatura oficial. Dende maio do 1972 traballou como cazador para unha sociedade cinexética no oblast de Kalinin, (actualmente oblast de Tver).

En 1973 rematou a escrita da súa primeira novela "Escola para parvos". Viviu por un tempo coa súa primeira muller Taisiya Sudorova, coa que tivo unha filla, na rexión de Stavropol. Despois de separarse da muller volveu a Moscova. En 1974—1975 traballou como fogueiro en Tyshino, preto de Moscova. Casou por segunda vez con Johanna Steindl, unha austriaca que traballaba como profesora de alemán na Universidade de Moscova. En 1975, despois dunha folga de fame da súa muller, obtivo o permiso para deixar o país e trasladouse a Austria, onde traballou de leñador. En 1976, pouco despois da aparicion de Escola para parvos" (moi louvada por Vladimir Nabokov) nos Estados Unidos, estableceuse nese país. En 1977 tivo o seu primeiro fillo e, en 1986, unha filla. Despois de divorciarse de Johanna, casou varias veces máis. Na actualidade está casado coa americana Marlene Royle. En 1988 visitou a Unión Soviética por primeira vez desde que emigrara. Despois da edición das novelas "Entre can e lobo" (1980) e "Pau de rosa" (1985), deixou de publicar, aínda que seguiu escribindo. O ano 2000 seus pais morreron de maneira tráxica, feito que o autor atribúe a un suicidio.

Obras principais

editar
  • 1976 - Школа для дураков (Escola para parvos)
  • 1980 - Между собакой и волком (Entre can e lobo)
  • 1985 - Палисандрия (Pau de rosa)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar