Santos de Isasa

Santos Isasa y Valseca, nado en Montoro, Córdoba, o 31 de decembro de 1822[1] e finado en Madrid, o 18 de decembro de 1907, foi un avogado e político español que chegou a ocupar o cargo de ministro de Fomento e a presidencia do Tribunal Supremo durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Santos de Isasa
Santos Isasa y Valseca.jpg
Nome completoSantos Isasa y Valseca
Nacemento1822 e 31 de decembro de 1831
 Montoro
Falecemento18 de decembro de 1907
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmaxistrado, político, Cátedra universitaria, historiador e avogado
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Desde Montoro, marchou a Madrid onde se licenciou en Dereito na Universidade Central[1]. Conseguiu por oposición dúas cátedras: de Ensino Medio e na Escola Superior de Diplomática[1], onde exerceu a docencia, desde 1857[2], na materia Historia de España en los siglos medios[3].

De tendencia conservadorea, afiliado á Unión Liberal, apoiado por Joaquín Aguirre de la Peña,[4] foi gobernador de Cádiz entre o 24 de xullo de 1863 e o 14 de novembro do mesmo ano.[4] Comezou a súa carreira política como deputado por Córdoba nas eleccións de 1863, e conseguiu repetir escano nas sucesivas eleccións celebradas até 1893[5].

Durante a I República, polas súas ideas monárquicas, mantívose afastado da política pero durante a Restauración exerceu numerosos cargos e retornou ao Congreso[6]. Era amigo de Cánovas del Castillo e afiliose ao Partido Liberal Conservador. Posteriormente, foi nomeado Ministro de Fomento entre o 5 de xullo de 1890 e o 23 de novembro de 1891 nun goberno que presidiu Cánovas. En 1895 foi nomeado Gobernador do Banco de España e en 1896 resultou elixido senador por Córdoba, pasando en 1898 a ser senador por "Dereito Propio"[7] (vitalicio) atá a súa morte. Tamén foi presidente do Tribunal Supremo entre 1895 e 1901[8].

Tamén ostentou diversos cargos de tipo económico: conselleiro da Cia. de Caminos de Hierro del Norte de España (1882-1902) e presidente do Crédito Mobiliario (1891-1894).[4]

Obras[9]Editar

  • Memoria por el Fiscal del Tribunal Supremo. Madrid, 1884.
  • Dictamen sobre los efectos del nombramiento de D. Martín Larios. Madrid, 1888.
  • Discurso del Presidente del Tribunal Supremo en la apertura de los Tribunales (15-IX-1896) Impr. Fortanet. Madrid, 1896.
  • Discurso en la apertura de los Tribunales (15-IX-1897). Impr. Fortanet. Madrid, 1897.


Predecesor:
Juan Francisco Camacho de Alcorta
 Gobernador do Banco de España 
abril 1892 a decembro 1892
Sucesor:
Pío Gullón Iglesias
Predecesor:
Pío Gullón Iglesias
 Gobernador do Banco de España 
abril 1895 a setembro 1895
Sucesor:
Manuel Aguirre de Tejada

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "El jurista que reformó el Código Civil y terminó el Murallón". eldiadecordoba.es. Consultado o 15-08-2017. 
  2. Reglamento de la Escuela Superior de Diplomática: creada en Madrid por Real. imprenta de Ribadeneyra. 1865. p. 15. 
  3. Reglamento de la Escuela Superior de Diplomática: creada en Madrid por Real. Imprenta de Ribadeneyra. 1865. p. 7. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Pasamar & Peiró (2002), p. 331
  5. "Ficha no Congreso: ISASA Y VALSECA, SANTOS". congreso.es. Consultado o 15-08-2017. 
  6. Caro Cancela, Diego (dir.) (2010). Diccionario biográfico de parlamentarios de Andalucía, 1810-1869: H-Z. Sevilla: Fundación Pública Andaluza Centro de Estudios Andaluces. p. 52. ISBN 978-84-938354-7-7. 
  7. "Ficha no Senado: ISASA Y VALSECA, SANTOS DE". senado.es. Consultado o 15-08-2017. 
  8. Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) del CSIC (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000)". 
  9. Pascual (1999), p. 196

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pasamar Alzuria, Gonzalo; Peiró Martín, Ignacio (2002). Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-460-1489-0. 
  • Pascual, Pedro (1999). El compromiso intelectual del político: ministros escritores en la Restauración Canovista (en castelán). Madrid: Ediciones de la Torre. ISBN 84-7960-247-3. 

Outros artigos