Manuel Aguirre de Tejada
Manuel Aguirre de Tejada O'Neal Eulate, nado en Ferrol o 28 de decembro de 1827 e finado en Madrid o 9 de abril de 1911, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1827 Ferrol, España |
Morte | 9 de abril de 1911 (83 anos) Madrid, España |
Embaixador de España na Santa Sé | |
1904 – 1905 | |
Ministro de Graza e Xustiza | |
4 de outubro de 1895 – 14 de decembro de 1897 ← Francisco Romero Robledo – Alejandro Groizard → | |
Gobernador do Banco de España | |
setembro de 1895 – decembro de 1895 ← Santos de Isasa – José García Barzanallana → | |
Ministro de Ultramar | |
18 de xaneiro de 1884 – 27 de novembro de 1885 ← Estanislao Suárez Inclán (en) – Germán Gamazo → | |
Senador do Reino | |
1876 – 1911 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático, avogado, político, xuíz |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Irmáns | Patricio Aguirre de Tejada |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Madrid. Traballou na administración do antigo Consejo Real. Marchou a Cuba en 1854 co Capitán Xeneral Marqués da Habana, onde permaneceu ata que, nas eleccións de 1857, foi elixido deputado polo distrito de Ferrol representando á Unión Liberal. Volveu ser elixido deputado por Ferrol nas eleccións de 1858 e 1863; nas de 1865 foi elixido pola provincia da Coruña. En 1876 foi elixido senador pola Coruña, pasando ao ano seguinte a ser nomeado senador vitalicio e senador por Dereito Propio en 1903.
Logo da Revolución de 1868 pasou a militar no Partido Conservador e foi membro da comisión que redactou o proxecto de Constitución española de 1876.
Foi ministro de Ultramar entre o 18 de xaneiro de 1884 e o 27 de novembro de 1885, e ministro de Graza e Xustiza entre o 14 de decembro de 1895 e o 4 de outubro de 1897 en gobernos Cánovas. Estando á fronte do ministerio de Graza e Xustiza, viviu o asasinato de Cánovas, baixo a presidencia de Azcárraga foi o encargado de sustanciar o proceso xudicial derivado do magnicidio.
Nomeado Conde de Tejada de Valdosera en 1875, foi tamén presidente do Tribunal do Contencioso Administrativo (1890), gobernador do Banco de España (1895) e embaixador extraordinario e plenipotenciario ante a Santa Sé.
Predecesor: Estanislao Suárez Inclán |
Ministro de Ultramar 1884-1885 |
Sucesor: Germán Gamazo |
Predecesor: Francisco Romero |
Ministro de Graza e Xustiza 1895-1897 |
Sucesor: Alejandro Goizard |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Aguirre de Tejada |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1951). "AGUIRRE DE TEJADA, Manuel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 18.
Ligazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado