José García Barzanallana

político español

José García Barzanallana y García de Frías, nado en Madrid o 24 de febreiro de 1819 e finado, tamén, en Madrid o 21 de febreiro de 1903, foi un avogado e político español, de familia asturiana, que foi ministro de Facenda durante o reinado de Afonso XII. Seu pai Juan García Barzanallana e seu irmán Manuel García Barzanallana tamén era facendistas coma el.

Infotaula de personaJosé García Barzanallana y García de Frías
Nome orixinal(es) José García Barzanallana Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José García-Barzanallana y García de Frías Editar o valor em Wikidata
24 de febreiro de 1819 Editar o valor em Wikidata
Madrid
Morte21 de febreiro de 1903 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor em Wikidata
Cargos
Ministro de Facenda
Período25 de xullo de 1876 - 11 de xullo de 1877
AntecesorPedro Salaverría
SucesorManuel de Orovio Echagüe
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado e político
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJuan García Barzanallana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel García Barzanallana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Graduado en Dereito pola Universidade de Barcelona en 1839. Foi membro do Ateneo de Madrid, e secretario da institución en varias ocasións entre 1847 e 1850.[1]

A súa carreira política comezou en 1857 cando obtivo a súa acta de deputado por Teruel. Nos dous seguintes procesos electorais non saíu elixido polo que non volveu ao Congreso até 1864, cando obtivo un escano por Lugo e Teruel e , de novo, nas eleccións de 1867 por Alacant, Cuenca e Guadalaxara.[2] Máis tarde, en 1876, foi elixido senador por Lugo, e no ano seguinte (1877) pasou a ser senador vitalicio[3].

Entre o 25 de xullo de 1876 e o 11 de xullo de 1877, foi ministro de Facenda nun goberno presidido por Antonio Cánovas del Castillo, e no que o seu principal obxectivo foi a diminución do déficit e o control da Débeda[4], para o que creou varios impostos.

Durante a súa longa carreira na Administración Pública ocupou, entre outros, os cargos de Director de Aduanas, Impostos e Débeda, de presidente do Tribunal de Contas (1884), gobernador do Banco de España (1895 - 1897), e director da Compañía Arrendataria de Tabacos.

Tamén dirixiu o xornal madrileño El Tiempo, en 1870, e foi membro das academias de Ciencias Morais e Políticas[5] e da de Xurisprudencia e Lexislación.

Obras editar


Predecesor:
Pedro Salaverría y Charitu
 Ministro de Facenda 
1876-1877
Sucesor:
Manuel Orovio Echagüe

Notas editar

  1. Olmos, Víctor (2015). Ágora de la Libertad: Historia del Ateneo de Madrid (EPUB-DRM). Vol. I (1820-1923). Madrid: La Esfera de los libros. ISBN 9788490604182. 
  2. "Ficha no Congreso". congreso.es. Consultado o 29-11-2017. 
  3. "Expediente personal do senador D. José García Barzanallana". senado.es. Consultado o 29-11-2017. 
  4. Comín Comín, Francisco; Martín Aceña, Pablo; Vallejo Pousada, Rafael (2006). La Hacienda por sus ministros: la etapa liberal de 1845 a 1899. Col. Ciencias Sociales nº 55. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. p. 33. ISBN 84-7733-779-9. 
  5. "Medalla nº28". Real Academia de Ciencias Morales y políticas. Arquivado dende o orixinal o 01-12-2017. Consultado o 28-11-2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar