Xusto e Pastor

(Redirección desde «Santos Xusto e Pastor»)

Os santos Xusto e Pastor, tamén coñecidos como os Santos Nenos, foron uns nenos mártires executados en 304 en Thermeda ou en Complutum (provincia romana de Cartaxinense, actual Alcalá de Henares), durante a persecución de Diocleciano aos cristiáns.[1]

Infotaula de personaXusto e Pastor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoAlcalá de Henares Editar o valor em Wikidata
Morte304 Editar o valor em Wikidata
Alcalá de Henares Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMartirio Editar o valor em Wikidata (Martirio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCathedral of los Santos Niños Justo y Pastor de Alcalá de Henares (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa6 de agosto Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Segundo a tradición, eran fillos de San Vidal[2] e sobriños de Santa Marta de Astorga, aínda que as súas cronoloxías non coinciden.[1][3] Con todo, adoita sinalarse que naceron no seo dunha familia cristiá de Thermeda ou de Complutum (actual Alcalá de Henares), onde existía unha considerable comunidade cristiá.[1] Pastor era dous anos máis vello ca Xusto.[1]

En 304, Diocleciano promulgou un Edicto para a persecución dos cristiáns.[1] O pretor Daciano decidiu acudir, entre outro lugares, a Complutum para levar a cabo esta tarefa.[1] Os dous irmán Xusto e Pastor decidiron acudir voluntariamente diante do tirano e anunciar a súa fe.[1] Daciano, primeiro, escoitounos, pero, ao ver que eles non renunciaba, empregou tanto chantaxes como castigos físicos para convencelos.[1] Non conseguindo o seu obxectivo, decidiu mandar decapitalos, nun lugar chamado Campo Laudable.[1]

 
Carballeira de San Xusto

Foron enterrados preto do lugar, grazas a outros cristiáns piadosos. Alí levantouse logo unha capela para albergar os seus restos.[1] Conta a tradición que debido á devoción cara aos santos, foise despoboando aos poucos a antiga cidade romana Complutum (a antiga Alcalá de Henares, a dous quilómetros en dirección a Madrid), e que ao redor da súa tumba fóronse construíndo as primeiras casas de Alcalá de Henares, quen acolle aos Santos Xusto e Pastor como os seus fundadores e santos patróns.[4][5]

O seu culto comezou a espallarse moi pronto, sobre finais do século IV.[1] En Hispania, xunto con Santa Baia, son os santos con culto máis antigo.[6]

Galicia editar

En Cotobade, celébrase a romaría dos santos Xusto e Pastor na carballeira de San Xusto, na parroquia de San Xurxo de Sacos o 5 e 6 de agosto.[6] A súa orixe parece remontarse ao século XV. Esta carballeira está moi presente no cantigueiro popular galego[6]:

  • Carballeira de San Xusto / carballeira derramada / naquela carballeiriña / perdín a miña navalla.

Ademais, na tradición oral tamén se documentan outros refráns e cantigas que aluden aos Santos Xusto e Pastor[6]:

  • Por San Xusto e Pastor as noces collen sabor e as velliñas door.[6]
  • San Xusto e Pastor / andan polos cotos / pra dar gracias ós forasteiros / e curar os coxos.[6]
  • O castaño de San Xusto / ten a folla revirada / que lla revirou o vento / nunha noite de xiada.[6]

Adoita invocarse a San Xusto para facer o pan e contra as coxeiras.[6]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Abad, Xoán C. (2022). In hac lacrimarum valle. Guía ilustrada para recoñecer os santos patróns dos templos da provincia de Pontevedra. Instituto de Estudos Vigueses. 
  2. "Página personal de José Carlos Canalda. Alcalá de Henares. Artículos de religión". www.jccanalda.es. Consultado o 2023-09-16. 
  3. Lola González: Los santos mártires Justo y Pastor. Transmisión y praxis cultual en España en la segunda mitad del siglo XVI, p. 56.
  4. Catedral de Alcalá de Henares, 7 de marzo de 2006
  5. Catedral de Alcalá de Henares (página oficial)
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo.