Ambrosio de Milán

(Redirección desde «Santo Ambrosio de Milán»)

Ambrosio de Milán, nado en Tréveris no 340 e finado en 397, foi un dos Pais da Igrexa occidental. Persoeiro de enorme influencia moral e autor esencial dos primeiros séculos do cristianismo. Marcou para sempre as relacións entre poder imperial e autoridade eclesial.

Infotaula de personaDoutor da Igrexa Editar o valor em Wikidata
Ambrosio de Milán

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Ambrosius Mediolanensis Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 339 Editar o valor em Wikidata
Tréveris (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 397 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Milán (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasilica of Sant'Ambrogio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic Archbishop of Milan (en) Traducir
7 de decembro de 374 – 4 de abril de 397
Gobernador romano
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Coñecido porser un dos Pais da Igrexa occidental.
Actividade
Lugar de traballo Milán Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , sacerdote católico , político , teólogo , filósofo , bispo católico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa7 de decembro
20 de decembro Editar o valor em Wikidata
Patrón deApicultor Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAurelius Ambrosius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSatyrus of Milan (en) Traducir e Marcelina de Milão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: ff1870e4-82b5-4a04-9b58-4628a0035e7b Discogs: 2822720 IMSLP: Category:Ambrose Find a Grave: 6023 Editar o valor em Wikidata
San Ambrosio e o emperador, por van Dyck.

Bispo súpeto editar

Fillo do prefecto da Galia. Poeta, orador e avogado. O emperador Valentiniano nomeouno gobernador do norte de Italia. En Milán era bispo un seguidor do arianismo: Auxencio. Á súa morte xurdiu un tenso conflito entre os arianos e os fieis á fe do Concilio de Nicea. Co fin de calmar os ánimos Ambrosio persoouse na igrexa onde se ía elixir o novo prelado. Alí dirixiu unha exhortación á paz que provocou o entusiasmo unánime dos que o escoitaban. A multitude unanimemente proclamouno a el bispo sorpresivamente e pese ás súas resistencias. De feito, non estaba sequera bautizado. Desconcertado pola aclamación, Ambrosio tratou de fuxir de Milán. Pero o propio Valentiniano impulsouno a aceptar, alegando que estaba moi compracido de ter nomeado un gobernador digno de ser bispo. Finalmente, xa que logo, aceptou, recibindo o bautismo e a consagración episcopal o 7 de decembro do ano 374.

Pastor e predicador editar

Entón repartiu os seus bens aos pobres e cedeu á Igrexa católica ás súas terras. Encargou ao seu irmán Sátiro a administración da diocese para dedicarse de cheo a labores pastorais e para centrarse no estudo da Biblia e de autores como Oríxenes e San Basilio o Grande. Vivía de xeito frugal e calquera fiel podía entrevistarse con el. Un deles será o dubitativo Santo Agostiño de Hipona a quen marcaría fondamente.

Ambrosio predicaba de maneira que impactaba no auditorio, ata o punto de que as nais impedían que as fillas acudisen a escoitalo por medo a que optaran pola virxindade. Tal era a alarma que chegou a acusárselle da despoboar Milán. El alegaba que non se podía citar un caso na súa diocese de home que quixera casar que non atopara unha rapaza disposta e insistía que o perigo para a poboación era a guerra e a insolidariedade cos pobres. Para el a estima pola virxindade acrecía o valor do vida en parella.

Naquel entón os godos fixeran estragos en diversas partes do Imperio. Ambrosio recadou diñeiro para rescatar aos cativos e prisioneiros chegando a fundir o ouro dos vasos sagrados da Igrexa. O arianos criticáronlle esta medida descualificándoa como sacrilexio Se a Igrexa ten ouro non é para atesouralo senón para empregalo a prol dos necesitados, retrucou Ambrosio.

Consecuencia da súa preocupación polos enfermos, doentes e marxinados foi a creación de hospitais e albergues que promoveu

Relacións co poder imperial editar

Tras o asasinato do Graciano, Ambrosio atendeu os rogos, especialmente de Xustina, a nai emperatriz, para negociar co usurpador Magno Máximo conseguindo deste que non atacase a Valentiniano II.

A nai emperatriz e influentes persoeiros da Corte imperial quixeron entregar determinados templos da Igrexa aos arianos, pero Ambrosio opúxose con firmeza. O propio emperador decidiu obrigarlle á cesión pola forza das armas o que soliviantou ao pobo e mesmo a unha parte das tropas dispostas a defender a causa de Ambrosio, chegando a secuestrarse a un sacerdote ariano. Ambrosio interveu para calmar á multitude e esixiu a liberación do sacerdote ariano; non cedeu os templos, pero non oficiou neles para non provocar aos adversarios.

A resistencia a entregar os templos aos arianos exacerbou a decisión do emperador e a súa nai. Aquel decretou a pena de desterro e anunciou duras represalias para os que se negaban á cesión en beneficio dos arianos. O pobo cristiá temoroso recluíuse co seu bispo na basílica onde foi cercado polas tropas imperiais. Ambrosio aproveitou para aprenderlles himnos e cánticos que el mesmo compuxera (o canto ambrosiano é un precedente do canto gregoriano). Nesa reclusión proclamou á multitude algo que marcaría a mentalidade relixiosa da próxima a chegar Idade Media: O emperador está na Igrexa, pero non sobre a Igrexa.

Estas tensións esvaíronse cando o propio emperador volveu a acudir a Ambrosio para deter a Máximo que novamente ameazaba con derrocalo dende as Galias. Esquecendo os recentes aldraxes e disputas, Ambrosio decidiu colaborar. Acudiu a Tréveris onda Máximo e acusoulle sen temor de deslealdade pola invasión que planeaba. Máximo presentábase como un campión da causa católica e contaba co apoio dos prelados de Tréveris, pero Ambrosio non se deixou dobregar no seu xuízo e mesmo se negou a manter a comuñón con aqueles prelados por teren participado na execución de Prisciliano que Ambrosio desaprobaba.

Máximo invadiu Italia, o emperador fuxiu, mentres Ambrosio púñase á fronte do seu pobo en Milán sen recoñecer a lexitimidade do usurpador. Será Teodosio I, o emperador de Oriente, quen derrotará a Máximo e restablecería ao emperador de occidente Valentiniano, exhortándolle a que abandonase o arianismo. En realidade, era Teodosio o novo amo da totalidade do Imperio.

No ano 390, chegou a noticia da matanza ordenada por Teodosio en Tesalónica. O Gobernador Buterico ordenara encarcerar ao auriga por seducir a unha serventa. O pobo que quería velo correr no circo alporizouse e matou a varios oficiais e ao propio Buterico. Teodosio ordenou unha dura represalia que custou a vida dunhas 7000 persoas. Ambrosio, indignado, escribiu ao emperador: Os sucesos de Tesalónica non teñen precedente. Sodes humano e caestes na tentación. Aconséllovos, prégovos e suplícovos que fagades penitencia. Vos, que tantas veces vos mostrastes misericordioso perdoando aos culpables, mandastes matar a moitos inocentes. Escríbovos isto da propia man. Teodosio era consciente que a autoridade moral do bispo entre o pobo faría que este non recoñecese o seu poder de emperador se non se sometía a facer pública penitencia. Ambrosio non facía distinción de persoas e podía excomungar ao emperador polos seus crimes de non amosar este a todos o seu arrepentimento. Cousa que fixo con toda humildade ata recobrar o favor do bispo e dos fieis. Era a primeira vez que un Emperador sometíase á instancia moral da Igrexa para non ver menoscabada a súa lexitimidade.

Esta supeditación do Emperador manifestouse tamén no culto. A diferenza do que acontecía en Constantinopla onde Teodosio ocupaba un lugar relevante no presbiterio, Ambrosio esixía ao emperador que se sentase cos demais.

Influencia editar

 
Divi Ambrosii Episcopi Mediolanensis Omnia Opera, 1527

Ambrosio foi un predicador agudo e vivo, moitas das súas obras son en realidade recompilación dos seus sermóns. Nelas describiu con solemnidade a dignidade conferida polo Creador ao ser humano (obra mestra de Deus, cumio do universo e beleza suprema de todo ser creado), saíu en defensa dos pobres como imaxes de Cristo, proclamou o valor da xustiza, a necesidade do perdón divino que lava as culpas e a prevalencia do amor como síntese e cume da moral cristiá. Para el a esmola non era mera compaixón senón restitución do previamente roubado ao pobre por aqueles que vivían na abundancia. Exhortaba á misericordia e a mansedume, virtudes das que foi exemplo, aínda que hoxe hai quen ve criticamente a súa intolerancia fronte aos privilexios reclamados polos partidarios do paganismo, a súa parcialidade a prol dos bispos cristiáns nos seus conflitos cos xudeus e a súa actitude desafiante, aínda que sempre pacífica, fronte ás autoridades imperiais arianas na defensa da comunidade eclesial fiel ao Concilio de Nicea.

Coñecía a fondo a Cicerón e a Plotino, e puxo o pensamento cristián na altura dos pensadores clásicos latinos acollendo aqueles aspectos que eran compatibles coa fe da Igrexa. Na súas obras dedicadas a Graciano De Fide ad Gratianum e De Spiritu Santo ad Gratianum Augustum pretende ilustrar ao emperador fronte aos que consideraba como erros do arianismo.

Véxase tamén editar