Cicerón

xurista, político, filósofo, escritor e orador romano
(Redirección desde «Marco Tulio Cicerón»)

Marco Tulio Cicerón[1][2][3] (en latín Marcus Tullius Cicero, pronunciado ['mar.kʊs 'tul.liʊs 'ki.ke.ro:]; máis coñecido por Cicerón) nado en Arpino o 3 de xaneiro do 106 a. C. e finado en Formia o 7 de decembro do 43 a. C. foi un xurista, político, filósofo, escritor e orador romano. Está considerado coma un dos maiores retóricos e estilistas da prosa en latín da República romana.[4][5]

Cicerón
Nacemento3 de xaneiro do 106 a. C.
 Arpino
Falecemento7 de decembro do 43 a. C.
 Formia
Causadecapitación
NacionalidadeRoma Antiga
EtniaRomans
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónfilósofo, poeta, political theorist, xurista, escritor, Ancient Roman priest, político da Roma antiga, militar da Roma antiga, avogado, orador e político
PaiMarcus Tullius Cicero
NaiHelvia
CónxuxeTerência e Publilia
FillosMarco Túlio Cícero Minor e Tullia
IrmánsQuinto Túlio Cícero
Coñecido/a porDe Oratore, De re publica, De legibus, De officiis, De inventione, Catilinárias, Filípicas, In Verrem, Pro Archia Poeta, Paradoxa Stoicorum, Hortênsio, De finibus bonorum, Tusculanae Disputationes, Sobre a vellez, Sobre a amizade, De Natura Deorum, De Divinatione, De fato, Orator ad Brutum e Topica
Profesiónxurista, político, filósofo, escritor e orador
PremiosPai da Pátria
Na rede
Bitraga: 754 Musicbrainz: 5c8bd706-95c3-4e91-9388-27a944203a16 Discogs: 2648999 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Clásicos en Galego 14: Sobre a vellez e Sobre a amizade.

Cicerón naceu nunha antiga familia do Lacio, a quen se lle dera a cidadanía romana soamente en 188 a.C.. O pai proporcionou aos dous fillos, Marco, o máis vello, e Quinto, unha educación moi completa, sendo Marco Tulio entregado aos coidados do célebre senador e xurista romano Mucio Escévola. Viviu nun período especialmente turbulento da historia de Roma. Despois do asasinato de Xulio César, enfronta con Marco Antonio e é degolado cando tenta fuxir para o Oriente.

Cicerón é, con Demóstenes, o mellor expoñente da oratoria clásica. Pola súa voz, postura, xenio, paixón e capacidade de improvisación está dotado para o exercicio da elocuencia. Son famosos os seus discursos contra Verres, en prol da Lei Manilia, contra Catilina (as famosas Catilinarias), en favor de Milón e de Marcelo e contra Marco Antonio. É autor de diversos tratados filosóficos sobre o Estado, o ben, o coñecemento, a vellez, o deber, a amizade etc., que transmiten a tradición do pensamento grego. As súas propias ideas sobre a arte da oratoria, así como unha historia desta, exprésanse en tratados escritos de forma dialogada, como De Oratore, Brutus, Orator etc. Salienta tamén De officiis, escrita en forma epistolar. Ata nós chegan case un millar de cartas de Cicerón sobre temas variados que constitúen un valioso conxunto documental. Cícero desenvolve a prosa latina ata a levar á súa perfección, do mesmo modo que Virxilio e Horacio o fan coa poesía.

Cicerón denuncia a conspiración de Catilina no Senado romano, no 63 a.C. Os seus discursos tornáronse referencia filosófica e base gramatical para o latín.

Recoñecido coma un dos máis importante autores da historia romana, é responsable da introdución das máis célebres escolas filosóficas gregas na literatura republicana, así como da creación dun léxico filosófico en latín. Grande orador e reputado letrado, Cicerón centrou toda a súa atención na súa carreira política. Actualmente é recordado polos seus escritos de carácter humanista,[6] filosófico e político. As súas cartas, a maioría enviadas a Ático, gozaron dun gran recoñecemento pola introdución dun estilo epistolar depurado na literatura europea. Cornelio Nepote destacou a riqueza ornamental destas cartas, escritas «sobre as inclinacións dos xefes, os vicios dos xenerais e as revolucións estatais», que transportan ó lector a esa época.[7]

 
Clásicos en Galego 15: Cartas.

Coma un dos máximos defensores do sistema republicano tradicional, combateu como puido a ditadura de Xulio César. Porén, durante a súa propia carreira non dubidou en cambiar de postura dependendo do clima político. Atribúese esta indecisión ó seu carácter sensible e impresionable, posto que era propenso a reaccionar de xeito excesivo ante os cambios. O erudito Asinio Polión escribiu del:

¡Ogallá puidese soportar a prosperidade con maior autocontrol e a adversidade con maior fortaleza![8][9]

Obras editar

Notas editar

  1. "Cicerón, Marco Tulio". Diccionario enciclopédico galego universal 15. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 124. ISBN 84-7680-429-6. 
  2. "Cicerón, Marco Tulio". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 512. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  3. "Cicerón, Marco Tulio". Enciclopedia Galega Universal 5. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 341. ISBN 84-7680-288-9. 
  4. Rawson, E.: Cicero, a portrait (1975) p.303
  5. Haskell, H.J.: This was Cicero (1964)p.300-301
  6. A. Ortega Carmona El humanismo europeo y otros ensayos
  7. Cornelio Nepote, Atticus trad. John Selby Watson.
  8. Haskell, H.J.:"This was Cicero" (1964) p.296
  9. Castren and Pietilä-Castren: "Antiikin käsikirja" /"Handbook of antiquity" (2000) p.237

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar