Santiago Esteban Radío
Miguel Santiago Esteban Radío, nado en Barrantes (Ribadumia) o 2 de xaneiro de 1952[1], é un lingüista galego.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1952 (72 anos) Barrantes, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, lingüista |
Traxectoria
editarLicenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia en todos os niveis educativos. Foi profesor de Lingua e Literatura Galega na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra da Universidade de Santiago do 1973 ao 1975 e da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Ourense da Universidade de Vigo de 1992 a 1998, e impartiu a mesma materia en diversos institutos de Ourense e Pontevedra.
Foi un dos fundadores e primeiro presidente da AS-PG, no 1977. Posteriormente creou o Instituto Galego de Socio-Pedagoxía (IGSP) e organizou as Xornadas Pedagóxicas Galegas, así como O ensino. Revista Galega de socio-pedagoxía e socio-lingüística, e, no 1983, fundou Galiza Editora.
Obras
editarEnsaio
editar- Didáctica da lingua e da literatura galega, 1986, Galiza Editora.
- O vocabulario galego-castelán no ensino en Galicia. Unha aproximación sociolingüística, 1997, Galiza Editora.
Edicións
editar- Barriga verde, de Manuel María, edición e introdución, 1996, Galiza Editora.
Notas
editar- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Esteban Radio, Miguel Santiago". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 187. ISBN 84-8064-113-4.