Sanguñedo, Verea

parroquia civil do concello de Verea

San Salvador de Sanguñedo é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2020 tiña noventa e sete habitantes, deles cincuenta eran homes e corenta e sete eran mulleres, o que supón unha diminución de 84 habitantes en relación ao ano 2000. A parroquia engloba os lugares de Abeleda, Balín, Casal de Abade, Os Casares, Outeiro e Sanguñedo.

Sanguñedo
Ponte do Cubo no regato de Quintela.
ConcelloVerea[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°05′21″N 7°54′56″O / 42.08927778, -7.9155
Poboación97 hab. (2020)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Demografía

editar

Sanguñedo atópase nunha situación de crise demográfica, situación bastante común no interior de Galicia, sobre todo no rural. No ano 2020 tiña 97 habitantes, deles 50 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón unha diminución de 84 habitantes en relación ao ano 2000.[2]

Xeografía

editar

Extensión parroquial

editar

Con 12,69 quilómetros cadrados, Sanguñedo é a terceira parroquia máis extensa do concello de Verea, tras San Miguel de Bangueses e santo Andrao de Cexo. Nela atopamos os núcleos de poboación de Abeleda, Casal de Abade, Casares, Outeiro e Sanguñedo.

Cursos fluviais

editar

Toponimia

editar

San Salvador é un dos nomes que recibe Xesús como "salvador do xénero humano". Salvador empregouse en substitución de Xesús, xa que se consideraba grave irreverencia empregar este último como nome de persoa.[3] O étimo vén do latín salvator/-oris (salvador, liberador, redentor)[4]. Con este nome é tamén coñecido San Salvador de Horta. Por outra banda, Sanguñedo é un fitotopónimo[5], ven do arbusto sangomiño, sanguino, sanguvino ou sanguineto (Rhamnus sanguineus)[6] (Cornus sanguinea) [3].

Lugares de interese

editar
 
Igrexa de San Salvador de Sanguñedo.

A igrexa de San Salvador foi construída a principios do século XVIII, conta con algúns elementos complementados no século XIX. Segundo a inscrición do canteiro que se atopa na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva.[7] Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos puntiagudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales se atopan dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo hai outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e máis unha estrutura triangular sobre a cal está un pararaios ornamental con forma de cruz grega. A igrexa conta con tres altares; o altar maior ten un retablo construído en 1713 polo escultor Gregorio Álvarez, veciño de Quintela de Leirado e dourado por Agustín Vázquez; nel atópanse as imaxes da Inmaculada, San Francisco, Santo Antón e San Xosé. Os altares colaterais do Evanxeo da Nosa Señora do Carme e da Epístola da Nosa Señora das Dores, albergan as tallas da Virxe do Carme, Santa Tereixa, Santo Antón e San Bieito. [3]

O cruceiro de Sanguñedo está situado no Campo do Outeiro, diante da igrexa de San Salvador de Sanguñedo a medio camiño entre o lugar de Sanguñedo e Outeiro. Data do mesmo século que a igrexa (s. XVIII). O pedestal consta de tres chanzos, sobre el atópase un varal, primeiro cuadrangular e logo octogonal, que engarza cun capitel dórico e remata nunha cruz florenzada ocupada, no anverso, por un Cristo de expresividade dramática con pano de pureza e, no reverso, por unha Virxe orante sobre anxo. [3]

A capela, que se atopa en Casares, é de planta rectangular e ten o tellado a ter augas. Accédese á mesma por un adro porticado con asentos pétreos ao redor, apoiado en columnas de cemento. No retablo atopamos a Virxe dos Remedios e do Amparo. [3]

Ruta sendeirista que trascorre por camiños agropecuarios que conectan diversos lugares das parroquias de Sanguñedo, Ourille e Pitelos. Une Casal de Abade coa aldea de Sabucedo. Por este sendeiro os gandeiros conducían o gando entre os prados da zona. O nome da ruta vén dado polo miradoiro do Briñal.[8]

Na aldea hai unha eira comunal con canastros (denominación da zona) do século XIX.

Poza fluvial no transcurso do regato do Sobradiño. Conta unha lenda[Cómpre referencia] que un día pasaba un cura montado nunha besta ao carón do regato do Sobradiño cando de súpeto caeu el e máis a besta á poza. Dende aquela algunhas persoas intentaron atopar os corpos sen vida, os cales nunca foron atopados.

Os muíños atópanse no curso do regato do Sobradiño. Foron empregados dende mediados do século XVII ata a mecanización do moído. Crese que en orixe eran propiedade do abade.

Ponte empregada polos gandeiros para salvar o regato de Quintela. Forma parte da ruta do Briñal.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Sanguñedo

editar
Lugares da parroquia de Sanguñedo no concello de Verea (Ourense)

Abeleda | Balín | Casal de Abade | Os Casares | Outeiro | Sanguñedo

Parroquias de Verea

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Verea

Albos (San Mamede) | Bangueses (San Miguel) | Cexo (Santo Adrao) | Domés (San Martiño) | Gontán (Santo André) | Ourille (San Pedro) | Pitelos (Santa María) | Portela (Santa Baia) | Sanguñedo (San Salvador) | Santa María de Cexo (Santa María) | Verea (Santiago)


  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. "Instituto Nacional de Estadística. Nomeclátor. Relación de unidades poboacionais.". www.ine.es. Consultado o 2021-02-01. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944. 
  4. "SALVADOR, radicación". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2021-09-02. 
  5. amil (2021-01-26). "Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)". BadalNovas. Consultado o 2021-01-31. 
  6. "Estudos de toponimia galega. Nicandro Ares Vázquez". Arquivado dende o orixinal o 13/02/2021. Consultado o 31/01/2021. 
  7. "Iglesia de San Salvador de Sanguñedo – Terra de Celanova — Serra do Xurés" (en castelán). Consultado o 2021-01-29. 
  8. "Ruta do Briñal". Wikiloc | Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar