Cruceiro do Campo de Outeiro

cruceiro en Sanguñedo, Verea

Coordenadas: 42°05′30″N 7°54′39″O / 42.091666666667, -7.9108333333333

O Cruceiro do Campo de Outeiro é unha construción relixiosa situada na parroquia de San Salvador de Sanguñedo (Verea).

Cruceiro de Sanguñedo
Cruceiro de Sanguñedo
Presentación
LocalizaciónVerea
DirecciónSanguñedo
TipoCruceiro
Construción
Data da construción1766

Situación editar

O cruceiro está situado no Campo de Outeiro, no adro da igrexa de San Salvador de Sanguñedo a medio camiño entre o lugar de Outeiro e Sanguñedo, da parroquia de homónima.

Descrición editar

Segundo indica o fuste actual, o símbolo data do ano 1766.[1] O pedestal consta de tres chanzos, sobre el atópase un varal, primeiro cuadrangular e logo octogonal, que engarza cun capitel dórico e remata nunha cruz florenzada ocupada, no anverso, por un Cristo de expresividade dramática con pano de pureza e, no reverso, por unha Virxe orante sobre anxo.[2]

Notas editar

  1. "Cruceiros en Verea". cruceirosdegalicia.xyz. Consultado o 2021-02-02. 
  2. Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944.