Igrexa de San Salvador de Sanguñedo
A igrexa de San Salvador de Sanguñedo é unha construción relixiosa construída a principios do século XVIII para constituír a parroquia de Sanguñedo, no concello de Verea. A igrexa está situada no Campo de Outeiro.
Igrexa de San Salvador de Sanguñedo | |
---|---|
Igrexa e ciprés dende o campo do cura | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Comarca da Terra de Celanova |
Patrón | San Salvador |
Localización | Campo do Outeiro Sanguñedo (Verea) |
Coordenadas | 42°05′30″N 7°54′41″O / 42.091666666667, -7.9113888888889Coordenadas: 42°05′30″N 7°54′41″O / 42.091666666667, -7.9113888888889 |
Altitude | 780 msnm |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Diocese | Diocese católica latina de Ourense |
Arquitectura | |
Estilo | Neoclásico rural galego |
Orientación | O-L |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarEste templo é un arquetipo da construción relixiosa galega rural do seu século. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva.[1] Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos puntiagudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales se atopan dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo hai outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e máis unha estrutura triangular sobre a cal está un pararaios ornamental con forma de cruz grega. A igrexa conta con tres altares; o altar maior ten un retablo construído en 1713 polo escultor Gregorio Álvarez, veciño de Quintela de Leirado, e dourado por Agustín Vázquez; nel atópanse as imaxes da Inmaculada, San Francisco, Santo Antón e San Xosé. Os altares colaterais do Evanxeo da Nosa Señora do Carme e da Epístola da Nosa Señora das Dores, albergan as tallas da Virxe do Carme, Santa Tereixa, Santo Antón e San Bieito. En ourivería, destaca unha cruz do século XVIII, de Armesto e a dostodía, do mesmo século, de Lizarra. [2]
Contorna
editarA entrada principal da igrexa, así como do camposanto da cara ao campo do cura, á dereita desta entrada está plantado un ciprés. Pódese acceder ao recinto dende o Campo de Outeiro, onde está situado o Cruceiro do Campo de Outeiro.
Historia
editarA igrexa de San Salvador foi construída a principios do século XVIII, conta con algúns elementos complementados no século XIX.[2] Segundo a inscrición do canteiro que se atopa na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. Entre os anos 1832 e 1833 a igrexa foi pintada, traballaron os frisos, achantaron e embaldosaron o chan, arranxaron a capela maior e substituíron a mesa do altar maior; tamén se fixo o cemiterio, limpando e chantando o adro e construíuse a casa da Igrés. No ano 1840 colocouse unha campá grande nova que pesa 12 arrobas e 4 libras castelás, substituíndo á anterior, de 9 arrobas menos 6 libras, que rompera. [2]
Galería de imaxes
editar-
Retablo.
Notas
editar- ↑ "Iglesia de San Salvador de Sanguñedo – Terra de Celanova — Serra do Xurés" (en castelán). Consultado o 2021-01-29.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944.