Casal de Abade, Sanguñedo, Verea

lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello de Verea

Casal de Abade é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Tiña nove habitantes no ano 2020, dos cales oito eran homes e unha era muller.[1]

Casal de Abade
ParroquiaSanguñedo
ConcelloVerea
Coordenadas42°05′33″N 7°54′53″O / 42.0925, -7.91472222Coordenadas: 42°05′33″N 7°54′53″O / 42.0925, -7.91472222
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Este lugar dista da capital do concello 4,9 quilómetros pola estrada OU-0206.

A aldea é atravesada polo regato do Sobradiño.

Toponimia editar

O substantivo casal (e a súa forma alternativa casar) procede do latín casale, á súa vez derivado do substantivo casa ‘choupana’, ‘casa de campo, granxa’, que acabou asumindo os significados que tiña en latín o substantivo domus ‘casa, residencia’. Aplícaselle a un tipo de propiedade rural consistente nunha casa de campo coas dependencias auxiliares e mais as terras de labor, ou ben un pequeno agrupamento de casas no campo. De todos os xeitos, trátase dun topónimo moi abundante en todo o territorio galego, onde se rexistran máis de duascentas entidades de poboación que conteñen na súa denominación o substantivo casal e derivados do mesmo.[2]

Abade correspóndese coa voz común latina Abbas, -atis a cal designa comunmente ao superior dun convento. O que suxire que no seu día foi unha dependencia eclesiástica.[3]

Lugares de interese editar

Eira dos canastros de Casal de Abade

Na aldea podémonos atopar cunha eira comunal con canastros (denominación da zona) do século XIX.

Pozo Mimón

Poza fluvial no transcurso do regato do Sobradiño. Conta unha lenda que un día pasaba un cura montado nunha besta ao carón do regato do Sobradiño cando de súpeto caeu el e máis a besta á poza. Dende aquela algunhas persoas intentaron atopar os corpos sen vida, os cales nunca foron atopados.

Muíños de Caíde

Os muíños atópanse no curso do regato do Sobradiño. Foron empregados dende mediados do século XVII ata a mecanización do moído. Crese que en orixe eran propiedade do abade.

Ponte do Cubo

Ponte empregado polos gandeiros para salvar o regato de Quintela. Forma parte da ruta do Briñal.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Sanguñedo editar

Lugares da parroquia de Sanguñedo no concello de Verea (Ourense)

Abeleda | Balín | Casal de Abade | Os Casares | Outeiro | Sanguñedo


Parroquias de Verea editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Verea

Albos (San Mamede) | Bangueses (San Miguel) | Cexo (Santo Adrao) | Domés (San Martiño) | Gontán (Santo André) | Ourille (San Pedro) | Pitelos (Santa María) | Portela (Santa Baia) | Sanguñedo (San Salvador) | Santa María de Cexo (Santa María) | Verea (Santiago)


Notas editar

  1. "Instituto Nacional de Estadística. Nomeclátor. Relación de unidades poboacionais.". www.ine.es. Consultado o 2021-02-01. 
  2. "Toponimia de Begonte e Rábade". publicacions.academia.gal. Arquivado dende o orixinal o 07/02/2021. Consultado o 02/02/2021. 
  3. kruzul. "Apelidos de Galicia". Apelidos de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar