San Francisco de Sales, Cundinamarca

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

San Francisco de Sales é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia do Gualivá, a 55 km de Bogotá. É o cuarto municipio máis poboado da Provincia, cunha poboación estimada en 2005 de 8.187 habitantes. Ten unha superficie terrestre de 118 km². Limita polo norte con Supatá e La Vega, polo leste con Subachoque e El Rosal, polo sur con Facatativá e polo oeste con La Vega.

Modelo:Xeografía políticaSan Francisco de Sales, Cundinamarca
Imaxe

Localización
Mapa
 4°58′16″N 74°17′21″O / 4.9711, -74.2892Coordenadas: 4°58′16″N 74°17′21″O / 4.9711, -74.2892
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación8.304 (2005) Editar o valor em Wikidata (70,3 hab./km²)
Xeografía
Superficie118,118 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.520 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal253601 Editar o valor em Wikidata

Páxina websanfrancisco-cundinamarca.gov.co Editar o valor em Wikidata

O concello de San Francisco é coñecido por albergar máis de trinta especies distintas de colibrís.

Historia editar

Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de San Francisco estivo habitado polos indíxenas panches, pertencentes á familia caribe, e polos muiscas, pertencentes á familia chibcha. Estes últimos situáronse na parte sueste do actual concello, no sector fronteirizo co municipio de El Rosal, onde estabeleceron un forte para evitar o acceso da nación panche ao Zipazgo (na Confederación Muisca), cuxo soberano era o Zipa e estaba situada na sabana de Bogotá.

No período da Colonia, debido á fundación do municipio de Tenjo, creáronse seis encomendas cara a onde foron trasladados os indíxenas desa zona. Unha das encomendas foi asignada ó cidadán español Juan de Vera, quen denominou á súa propiedade Chinga Fría; nome proveniente da palabra chinga, que en lingua muisca quere dicir «braveza».

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.