Sampiro

Bispo de Astorga

Sampiro, nado en Igrexa do Campo (O Bierzo), ou segundo outras fontes na Zamora[1], cara ao 956 e finado en Astorga no 1041, foi un clérigo e político do reino de León, un dos primeiros cronistas de nome coñecido. Posiblemente houbo personalidades contemporáneas á súa co mesmo nome[2].

Modelo:BiografíaSampiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento956 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Zamora, España Editar o valor en Wikidata
Morte1041 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Bispo de Astorga
1034 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, presbítero, cronista, historiador Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Posiblemente naceu na localidade leonesa de Igrexa do Campo (preto de Cacabelos no Bierzo, ás veces confundida con Sorribas por ser na época considerada parte desa localidade[3]. Algún autor considera, analizando a documentación histórica, que puido nacer en Toro.[4]

Ingresou nun mosteiro, non se sabe se no de Sahagún ou no de San Miguel de Camarzana. Ante o perigo dos ataques musulmáns fuxiu a Zamora e posteriormente estableceuse na corte de León.

A súa crónica, que continúa as de Afonso III de Asturias, recompila os feitos que considerou máis relevantes entre 866 e o 982, en que se interrompe. Notario do rei Vermudo II (984-999), describiuno en termos eloxiosos: foi bastante prudente, confirmou as leis ditadas por Wamba, mandou abrir e estudar a colección canónica, amou a misericordia e o xuízo e procurou reprobar o mal e escoller o ben[5]. Cando o bispo Paio, que lle gardaba bastante rencor, reiniciou a recompilación cronística, substituíu eses eloxios de Sampiro por descricións máis crueis (como o alcume de gotoso co que pasou á Historia).

Despois Sampiro ocupou o cargo de mordomo (posto político de máxima confianza na Corte) con Afonso V (999-1028). Chegou a ser bispo de Astorga desde 1035[1].

  1. 1,0 1,1 Breve biografía
  2. Pérez de Urbel, op. cit.
  3. in terminum de Subripa quae est villa Sampiri, texto do Privilexio de Ordoño II a Carracedo (995, Yepes V, apéndice XXIX páx. 448). O tema trátase en López Valle, op. cit.. O erro de localización aparece en obras como a de Alonso op. cit. e Tomé op. cit.
  4. Carriedo Tejedo, Manuel. "¿Sampiro toresano?". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). 
  5. "La pesadilla de Vermudo, Almanzor" Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., artigo no Diario de León (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar


Predecesor:
Pedro
 Bispo de Astorga 
1034 – 1041
Sucesor:
Pedro Gundulfiz