Afonso V o Nobre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Afonso V o Nobre, Galleciensis Regis[1], Rex Gallitianus[2] (rei de Galicia) tamén coñecido como Afonso V de León, nado no 994 ou 995 e finado en Viseu en 1028[3], foi rei da Galiza altomedieval entre os anos 999 e 1028 coa súa capital na cidade de León.
Afonso V o Nobre | |
---|---|
![]() | |
Miniatura medieval de Afonso V no Libro dos Testamentos (fol. 53v). | |
999-1028 | |
Predecesor | Vermudo II |
Coroación | 1008 |
Nacemento | 994 |
Falecemento | 1028 Viseu |
Sepultura | Mosteiro de Isidoro de León |
Cónxuxe/s | Elvira Menéndez de Melanda Urraca Garcés |
Descendencia | Vermudo III Sancha I Ordoño II |
Proxenitores | Vermudo II Elvira García |
![]() | |
Na rede | |
![]() | |
Biografía editar
Herdou o trono no 999, tralo falecemento de Vermudo II, quedando baixo a tutela da súa nai, dona Elvira, e do aristócrata galego Mendo Gundisalviz. Casou en 1015 con Elvira Meendiz (filla de Mendo González e de Dona Toda) e en 1023 con Urraca Garcés de Pamplona (filla de García Sánchez de Navarra e de Ximena Fernández).
Ese mesmo ano acadou a maioría de idade, herdando un reino cheo de inestabilidade política. Tamén en 1017 morreron a súa nai, até entón rexente, e os tres nobres máis importantes do reino: o conde de Castela, o xefe dos Beni Gómez e Mendo Rodríguez, que foran fonte de problemas na rexencia anterior. Afonso V quixo dar un xiro á administración, creando un novo marco xurídico.
Reconstruíu a cidade de León, que fora danada polos ataques de Almanzor, e reuniu os nobres en Curia Plena para a elaboración e posterior aprobación do Foro de León. Este Foro é a sanción xurídica do feudalismo leonés. Buscaba pór fin ás desordes da etapa anterior e recuperar o poder real. Reciben o nome de Foro de León un conxunto de preceptos decretados nun concilium reunido na catedral de León en 1020. A estes 20 preceptos engadíronselle outros 28 que regulaban a vida local na cidade de León.
Faleceu no asedio da praza de Viseu, en Portugal. O seu fillo Vermudo III herdou a coroa no 1028. Tivo dúas fillas: Sancha (nacida de Dona Elvira) e Xemena (nacida de Dona Urraca).
Notas editar
- ↑ Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 64.
- ↑ Chavanon, Jules (ed.). Chronique Adémar de Chabannes (1897 ed.). p. 195.
- ↑ Flórez (1793), p. 193: da como data da morte 1027
Véxase tamén editar
Afonso V e Elvira Mendes. Un tempo novo para o Reino da Galiza. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afonso V o Nobre |
Bibliografía editar
- Flórez, Henrique (1793). España sagrada. Madrid: Oficina de la viuda e hijo de Marín.
- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
Outros artigos editar
Reino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Vermudo II |
Afonso V o Nobre | Precede a: Vermudo III |
Dinastía dos Ordoñez (910-1037) |