SS Bremen (1929)
O SS Bremen foi un transatlántico alemán pertencente á NDL Lines (Norddeutscher Lloyd) e que serviu como buque expreso de pasaxeiros entre 1929 e 1939, e como buque de apoio á Kriegsmarine durante a Segunda Guerra Mundial ata 1942, ano no que foi séme-destruído intencionadamente por un incendio. Constituía clase xunto co seu xemelgo, o SS Europa máis tarde renomeado Liberté.
SS Bremen | |
---|---|
O SS Bremen no 1930 | |
Historial | |
Estaleiro | Deutsche Schiff- und Maschinenbau AG, Alemaña |
Tipo | Transatlántico |
Operador | Norddeutscher Lloyd |
Porto de rexistro | Bremen, Alemaña |
Botado | 2 de agosto de 1928 |
Viaxe inaugural | 16 de xullo de 1929 |
Baixa | 1946 |
Destino | Afundido |
Características xerais | |
Desprazamento | 51.656 t de rexistro bruto |
Eslora | 286.1 m |
Manga | 31 m |
Propulsión | 4 Turbinas de vapor 4 hélices |
Potencia | 25.000 hp cada turbina |
Velocidade | 27,5 nós máxima: 28,5 nós |
Tripulación | 966 |
Capacidade | 2.139 pasaxeiros: 811 Primeira clase 500 clase turista 617 terceira clase |
Historia
editarO SS Bremen así coma o SS Europa foron construídos para a Norddeutscher Lloyd Line para competir coas grandes liñas italianas, inglesas e francesas pola ansiada Banda Azul, prestixioso símbolo de rapidez sumada ao luxo. O seu moderno deseño e a elegancia das súas liñas foron o caché desta clase de transatlánticos cuxo pasaxe estaba entre os máis caros da época na que foron botados. Este navío foi o cuarto en levar o nome en honor da cidade alemá de Bremen.
Construído polos estaleiros Deutsche Schiff- und Maschinenbau AG, o Bremen foi proxectado para obter unha alta velocidade de cruceiro obtendo nas súas probas de mar unha velocidade de 27,5 nós, aínda que nas probas de milla corrida acadou por breves momentos uns 32 nós. Contribuíu moito á velocidade, o deseño da proa con roda tipo bulbo chamada tecnicamente proa Taylor, sendo o primeiro navío civil en levar dito deseño. Ademais, tiña entre as súas chemineas unha catapulta de vapor que lanzaba un pequeno avión correo Heinkel HE 12 cando estaba preto das costas, recuperando o avión no porto base de Blexen. Máis tarde o avión foi eliminado debido á complexidade da catapulta.
O Bremen contaba cun moderno equipo de 4 turbinas asociadas a caldeiras de vapor tubulares en alma de aceite, as cales a alta temperatura permitían acadar un máximo de 135.000 cabalos e un eficiente equipo xerador electróxeno diésel que alimentaba arredor de 20.000 bombillas, 20 ascensores, cociñas e accesorios dos camarotes.
Banda Azul
editarO 16 de xullo de 1929 realizou a súa viaxe inaugural a alta velocidade desde Bremerhaven ata Nova York. O Bremen realizou a travesía cunha media de 27,83 nós chegando a Nova York en só 4 días, 17 horas e 42 minutos logrando a prezada Banda Azul sentido-Oeste que estaba en posesión do RMS Mauretania desde 1906.
Segunda guerra mundial
editarA finais de agosto de 1939, nos inicios da segunda guerra mundial, mentres se levaba a cabo a invasión de Polonia, o Bremen estaba á metade da ruta a Nova York cuns 1770 pasaxeiros, cando recibiu a orde de retornar a porto alemán por orde do alto mando alemán. O capitán decidiu ignorar por un par de días a orde e continuou a súa viaxe desembarcando a súa pasaxe en América do Norte. Unha vez desembarcou a pasaxe partiu de regreso a Europa sen pasaxeiros e no medio do Atlántico foi pintado de cor gris naval e enviado directamente ao porto de Múrmansk na Unión Soviética, onde arribou o 6 de setembro de 1939. Co estoupido da breve guerra entre Finlandia e a Unión Soviética o Bremen foi redestinado a Bremerhaven. Durante a travesía foi apuntado en superficie polo submarino británico HMS Salmon e cando estaba a piques de disparar os seus torpedos foi descuberto polo avión escolta Dornier Do 18 que forzouno a sumerxirse.[1]
No 1940 foi pintado co modo disruptivo e destinado a Hamburgo para a súa reconversión en buque de transporte de tropas.
Final
editarNa preparación da invasión de Inglaterra en 1941 durante a chamada Operación León Mariño o Bremen foi destinado como transporte rápido de tropas de asalto; pero ante a incapacidade de lograr o dominio aéreo por parte da Luftwaffe dita operación foi abortada e foi redestinado a Bremerhaven como un buque de apoio ao exército.
O 12 de marzo de 1942, mentres estaba en dársena sufriu un incendio intencionado causado por un tripulante supostamente antinazi. O sinistro destruíu o barco parcialmente envorcándoo cara estribor. Pensouse que fora un acto de sabotaxe e traizón por parte do tripulante, quen foi arrestado, mais finalmente descubriuse que en realidade foi un acto de vinganza persoal contra os propietarios do barco. Non foi reparado e permaneceu semidesmantelado ata que foi afundido en 1946.
Notas
editar- ↑ "Rexistros do HMS Salmon". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2006. Consultado o 13 de abril de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SS Bremen |
Ligazóns externas
editar- Historia do SS Bremen Arquivado 15 de abril de 2012 en Wayback Machine.