Abrir o menú principal

Dornier Do 18

1935 Dornier

O Dornier Do 18 foi un hidroavión alemán desenvolvido a partir do Do 16 para Luftwaffe, aínda que Lufthansa recibiría cinco unidades que usou para realizar probas entre as Azores e Norteamérica en 1936 e na súa ruta de correo no Atlántico Sur entre 1937 e 1939.

Dornier Do 18
Dornier Do 18 ExCC.jpg
Tipohidroavión
FabricanteDornier
Primeiro voo15 de marzo de 1935
Unidades construídas170

Entre os días 27 e 29 de marzo de 1938, un Do 18 W estableceu un récord entre os hidroavións tras realizar un voo sen escalas de 8.391 km, dende from Start Point, Devon ata Caravelas en Brasil.

VariantesEditar

Versións civísEditar

  • Do 18E. Versión civil inicial, equipada con motores Jumo 205C-1. Fabricáronse catro unidades.
  • Do 18F. Versión civil de longo alcance con máis envergadura e maior peso na engalaxe. Un fabricado.
  • Do 18L. Conversión do D-ANHR con motores radiais BMW 132M.

Versións militaresEditar

  • Do 18D. Foi a primeira versión militar, equipada con motores Jumo 205C e armada con metralladoras MG 15 de 7,92 mm na proa e no dorso. Fabricáronse 79.
  • Do 18G. Versión mellorada equipada con motores Jumo 205D e armada cunha metralladora MG 131 de 13 mm na proa e un canón MG 151 de 20 mmm no dorso. Fabricáronse 62.
  • Do 18H. Versión desarmada con control dual para adestramento. Fabricáronse 22.
  • Do 18N. Designación para conversións de aparellos desarmados para operacións de rescate no mar.

 
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.