Ryoji Noyori

químico xaponés

Ryoji Noyori (野依良治?), nado o 3 de setembro de 1938 en Kōbe (神戸市 Kōbe-shi?) (Xapón), é un químico xaponés gañador do premio Nobel de Química en 2001. Noyori compartiu a metade do premio con William Standish Knowles polo estudo das hidroxenacións utilizando catalizadores quirales; a segunda metade do premio foi para K. Barry Sharpless polo seu estudo das reaccións de oxigenación utilizando catalizadores quirales.

Ryoji Noyori
Ryoji Noyori
Datos persoais
Nacemento3 de setembro de 1938 (85 anos)
LugarKōbe Xapón
Residencia Xapón
Nacionalidadexaponés
Cónxuxe
  • Hiroko Oshima
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Quioto
  • Director de teseHitoshi Nozaki
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • estudo das hidroxenacións utilizando catalizadores quirales.
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (2001)
  • editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria Editar

    Fascinouse coa química aos 12 anos, logo de escoitar unha presentación sobre o nailon. Viu no poder da química como ter a capacidade de "obter valores elevados a partir de case nada". Converteuse en estudante na Universidade de Quioto onde se gradó en 1961, e se doutorou en enxeñería química en 1967.

    Traballou como un instrutor no grupo de investigación de Hotosi Nozaki antes de ser nomeado profesor asociado na Universidade de Nagoya. Tras o traballo posdoutoral con Elias J. Corey en Harvard volveu a Nagoya, converténdose nun catedrático en 1972.

    Actualmente segue vivindo en Nagoya, aínda que é tamén agora presidente de RIKEN (理研?), unha iniciativa de investigación nacional en varios lugares cun orzamento anual de 800 millóns de dólares estadounidenses.

    Investigacións científicas Editar

    Noyori cre firmemente no poder da catálisis e da química sostible; nun artigo recente defende a procura da "elegancia práctica en síntese".[1] Neste artigo afirma que "a nosa capacidade de concibir unha síntese química sinxela e práctica é imprescindible para a supervivencia das nosas especies." Noutro lugar dixo que "A investigación é para as nacións e a humanidade, non para os propios investigadores." Anima aos científicos a ser politicamente activos- "Os investigadores deben incitar opinións públicas e políticas gobernamentais cara á construción da sociedade sostible no século XXI.[2]

    Notas Editar

    1. R. Noyori, Pursuing practical elegance in chemical synthesis, Chemical Communications, 2005 (14), 1807 - 1811. Abstract
    2. "Keynote address, 23 de xuño de 2005, at the Second International Conference on Green and Sustainable Chemistry, Wáshington DC.

    Véxase tamén Editar

    Ligazóns externas Editar

    Predecesor:
    Alan J. Heeger,
    Alan MacDiarmid
    e
    Hideki Shirakawa
    Premio Nobel de Química
     

    2001
    con
    William Standish Knowles
    e
    K. Barry Sharpless
    Sucesor:
    John Fenn,
    Koichi Tanaka
    e
    Kurt Wüthrich