Rutabaga

Rutabaga
Rutabaga, variety nadmorska.JPG
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicotyledoneae
(sen clasif.): Rosidae
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: B. napobrassica
Nome binomial
'Brassica napobrassica'
(L.) Mill.

A rutabaga[1] (Brassica napobrassica, ou Brassica napus var. napobrassica), é unha raíz comestíbel que se orixinou nun cruzamento entre o repolo (Brassica oleracea var. viridis) e o nabo (Brassica rapa). Cultívase especialmente no norte de Europa e América do Norte, onde forma parte da gastronomía popular. Non é un cultivo popular hoxe en día en Galiza.

DescriciónEditar

A planta ten uns 25 cm de altura e se estende por uns 35 cm. A raíz ten 10 cm de lonxitude e 9 cm de diámetro, con exterior acastañado e polpa amarela ou abrancazada. O sabor é moderadamente doce e se asemella ao do nabo, mais con gusto a repolo. A aparencia tamén é semellante ao nabo mais cambia na cor da polpa e que a raíz é máis mesta, con máis rebentos, colleitándose cando acadan un talle maior. A diferenza do nabo ten as follas máis suaves e cerosas.

HistoriaEditar

 
Colleita de rutabagas en Suecia.
 
Corte da raíz

A primeira mención escrita é do botánico sueco Gaspard Bauhin en 1620, que menciona que medra brava en Suecia. Adóitase considerar orixinaria de Escandinavia ou Rusia.[2] Cara finais do século XVII introduciuse en Inglaterra e Francia e algunhas partes dos EUA coma Illinois (referencias do seu cultivo en 1817).[3]

Historia botánicaEditar

A taxonomía sobre a rutabaga sufriu moitos cambios. O botánico sueco Gaspard Bauhin, en 1620 deulle o nome de Brassica napobrassica na súa obra Prodromus. Carl von Linné en 1753 no seu libro Species Plantarum considerouna coma unha variedade botánica de B. oleracea: B. oleracea var. napobrassica. Posteriormente tense considerado noutros táxones coma variedade subespecie ou elevada ao nivel de especie como se vai facer en 1768 baixo o nome de Brassica napobrassica que é o que actualmente se acepta.

CultivoEditar

Cómpre das mesma condicións de crecemento ca o nabo, clima fresco para medrar axiña e con calidade. Plántase na primavera cando o terreo xa se pode traballar, puidéndose tamén sementar polo outono en climas de invernos non moi fríos. Lévalle un mes e medio menos en madurar ca o nabo.

Aspectos nutritivosEditar

Rutabaga crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía157 kJ (38 kcal)
8.62 g
Azucres4.46 g
Fibra alimentaria2.3 g
0.16 g
1.08 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
8%
0.09 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.04 mg
Niacina (B3)
5%
0.7 mg
Ácido pantoteico (B5)
3%
0.16 mg
Vitamina B6
8%
0.1 mg
Ácido fólico (B9)
5%
21 μg
Vitamina C
30%
25 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
4%
43 mg
Ferro
3%
0.44 mg
Magnesio
6%
20 mg
Manganeso
6%
0.131 mg
Fósforo
8%
53 mg
Potasio
6%
305 mg
Cinc
3%
0.24 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Son plantas ricas en betacarotenos. Cociñada ten moi baixo nivel calórico: 39 calorías por 100 gramos.. 1,3 gramos de proteínas e 6 gramos de graxas. Salientan os 326 gramos de potasio.

UsoEditar

 
Peladora de rutabagas de Nicolaes Maes.

Emprégase moito na gastronomía do norte de Europa, coma no prato alemán coñecido coma Steckrübeneintopf (en lingua alemá a rutabaga chámase Steckrüben), tamén na Hamburger National e no Lübecker National (a denominación National adóitase engadir aos pratos que levan esta raíz). É moi empregada tamén en toda Escandinavia. Pódese comer crúa ou cociñada. O puré de rutabaga é moi común. Pódese comer gratinada con queixo, sofrixida ou conservada en aceite e especias. En ensaladas tállase en toros ou pauciños. Crúa é lixeiramente doce[4] Algunhas variedades empréganse para a alimentación de vacas leiteiras.

Denominacións noutras linguas europeasEditar

En castelán coñécese tamén coma colinabo. En inglés coma swede turnip ou simplemente swede. En francés coma navet de Suède, rutabaga ou chou navet. O portugués coincide co galego. En alemán chámanlle Steckrüben.

NotasEditar

  1. Nome vulgar galego preferido en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; e Termos esenciais de botánica Santiago de Compostela, 2004. A RAG non recolle nome vulgar ningún para esta especie
  2. Hawkes, Alex D. 1968. A World of Vegetable Cookery. New York: Simon and Schuster.
  3. Sturtevant, E. L. 1919. Sturtevant's Notes on Edible Plants. Albany, NY: J. B. Lyon Company, p. 105.
  4. http://elpinareco.wordpress.com/2010/10/06/colinap-colinabo-o-colirrabano-en-español/[Ligazón morta]

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar