Rukwangali

idioma do subgrupo bantú das linguas níxer-congo

O RuKwangali (que significa "lingua dos kwangali"), ou Kwangali, é un idioma do subgrupo bantú das linguas níxer-congo, falado como lingua tradiconal polos ponos a ambos os lados das beiras do río Okavango, en Namibia e Angola.

Rukwangali
RuKwangali, SiKwangali
Outros nomes:Kwangali
Falado en: Namibia Namibia
Flag of Angola.svg Angola
Rexións: Río Okavango
Total de falantes: 200 000 (aproximadamente)
Posición: Linguas bantús
Familia:
 Atlántico-congo
  Benue–congo
   Bantoide meridional
    Bantú
     Kavango – bantú suroccidental
      Rukwangali
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Namibia Namibia
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: kwn

HistoriaEditar

É a lingua máis falada pola etnia kavango, e un dos idiomas oficiais de Namibia, que se usa regularmente nas transmisións da Compañía Nacional de Radio (Namibian Broadcasting Corporation).

De todas as linguas usadas polos kavango, esta é a única que ten escritura (en caracteres latinos), o que permitiu a tradución de diversos libros a este idioma, proxectos que son principalmente financiados por algunhas das embaixadas na capital, Windhoek.

Aínda que se estima que máis de 200 000 persoas o falan con fluidez, en 2018 uns 152 000 o tiñan como a súa lingua materna.[1]

Desde que os kavango foron evanxelizados, tardiamente, as primeiras partes dunha tradución bíblica en RuKwangali apareceron só en 1960, por sacerdotes da Igrexa Católica Romana en Namibia, en 1974, todo o Novo Testamento en 1987, e a Biblia enteira (incluído o Antigo Testamento).

 
Distribución de falantes de linguas kavango en Namibia, por rexións.

O RuKwangali foi a lingua oficial en Kavangolandia desde 1973 até 1989, e desde a independencia de Namibia en 1990, foi unha lingua nacional con traducións oficiais de importantes textos legais estatais. Tamén é a lingua cultural dos reis de Kavango.

Segundo as directrices para a educación en Namibia, danse leccións de RuKwangali até o 3º curso a todos os estudantes na súa lingua nativa, con libros de texto axeitados (prosa, obras dramáticas e poesía),[2] como lingua escrita. (En termos modernos, as palabras son importadas a miúdo de idiomas europeos).

Nas clases de ensino superior ofrécese RuKwangali, inglés e afrikaans como linguas de instrución,[3] e no Departamento de Idiomas Africanos da Universidade de Namibia pódese escoller a lingua e literatura RuKwangali como materia de estudo.[4]

CaracterísticasEditar

É unha das varias linguas bantús da rexión do río Okavango que teñen consoantes de "chasquido de lingua"; trátase das dentais c e gc, xunto con prenasalización e aspiración.

Maho (2009) inclúe o mbundza como dialecto, pero exclúe o sambyu, que inclúe en manyo.[5]

NotasEditar

  1. "Kwangali". Ethnologue. 2018. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  2. NIED Circular 2/2005: Prescribed Texts 2007 – 2009. Goberno de Namibia. Consultado o 4 de setembro de 2019.
  3. Overview Services & Infrastructure Education.
  4. Universidade de Namibia (en inglés).
  5. Jouni Filip Maho (2009): New Updated Guthrie List Online.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Dammann, Ernst (1957): Studien zum Kwangali: Grammatik, Texte, Glossar. Hamburg: Cram, de Gruyter & Co.
  • Kloppers, J. K. (2004): Rukwangali-English/English-Rukwangali Dictionary. Windhoek: Gamsberg Macmillan-Verlag. ISBN 0-86848-878-X.
  • Möhlig, Wilhelm J. G. & Karl Peter Shiyaka-Mberema (2005): Dictionary of the Rumanyo language: Rumanyo-English/English-Rumanyo. Köln: Rüdiger Köppe Verlag. ISBN 978-3-8964-5601-4.
  • Nurse, Derek & Gérard Philippson (2003): The Bantu languages. London:Routledge. ISBN 978-0-4154-1265-0.

Ligazóns externasEditar