Rugby nos Xogos Olímpicos
O rugby é un deporte que formou parte do programa olímpico oficial en catro das sete primeiras edicións, se ben só o fixo na categoría masculina. O deporte debutou nos Xogos de París de 1900, incluíndose con posterioridade nos Xogos de Londres de 1908, nos Xogos de Antuerpen de 1920 e nos Xogos de París de 1924. Pouco despois destes últimos, o Comité Olímpico Internacional (COI) excluíu o rugby como deporte olímpico. Dende ese momento foron numerosos os intentos de incluílo de novo no programa olímpico, feito que se materializou o 9 de outubro de 2009, cando a inclusión do rugby a sete para os Xogos Olímpicos de 2016 e 2020 foi aprobada polos membros do COI no congreso anual celebrado na cidade de Copenhague.[1]
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Parte de | Xogos Olímpicos de Verán |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1900 – |
Período de ocorrencia | 4 |
Notas editar
- ↑ "El golf y el rugby a siete, deportes olímpicos para los Juegos de 2016 y 2020". Europa Press. Consultado o 9 de outubro de 2009.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
A Galipedia ten un portal sobre: Rugby |