Rosendo Sar

guerrilleiro antifranquista galego

Rosendo Sar Lantes, nado en Almeiras (Culleredo) cara a 1908 e finado na mesma parroquia o 5 de maio de 1986, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaRosendo Sar
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Almeiras, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 1986 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Almeiras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Rosendo Sar Lantes, presidente da Sección de Unión Mutualista Campesina de Almeiras, e Silvestra Lantes Pan. Foi mobilizado en agosto de 1936 no Rexemento de Artillaría Lixeira número 15, ata xuño de 1939. Incorporouse á guerrilla o 7 de maio de 1948, ao destacamento Manuel Bello, xunto a José María Castelo Mosquera, José Antonio Cortiñas Blas e Manuel Pena Camino. Participou no golpe económico a un veciño de Bergondo e no incendio do concello de Abegondo. Comunicoulle a Jesús Valeiro Gómez, que exercía de xefe, a súa intención de volver á casa, negándose este e amenazándoo José María Castelo. Presenciou a execución de José Seijo Don. A finais de 1948 aparece formando parte do grupo capitaneado por Adolfo Allegue Allegue. Enfermo, un veciño de Mande de Bascoi, Manuel Sánchez, cunha manta que lle facilitaron, levouno a un monte para agochalo, e facilitoulle comida nos dous días que pensaba estar alí. Denunciado á Garda Civil, parece que foi avisado. Pasou algunhas tempadas agochado en covas, en Xabariz, Cabala (Cabanas) e na casa dun veciño de San Pedro de Nós. En maio de 1951 saíu con Benigno Andrade García "Foucellas" para formar a base da Regueira (Oza dos Ríos) onde permaneceron ata febreiro de 1952. Nese mes marchou con Manuel Vilar Arnoso e Foucellas para a zona de Curtis. Tras a caída dos seus dous compañeiros, entregouse en xullo de 1942. Xulgado en consello de guerra o 23 de xaneiro de 1953, foi condenado a 24 anos de reclusión. Finou en Almeiras aos 77 anos.[1]

Vida persoal editar

Casou con Dolores Bermúdez Lamas e foi pai de Manuel Sar Bermúdez.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-5-1986, p. 61.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar