Rosana Pérez

política española
(Redirección desde «Rosana Pérez Fernández»)

Rosana Pérez Fernández, nada na Pobra do Caramiñal o 21 de decembro de 1964, é unha funcionaria e política galega, do BNG. Dende xullo de 2020 é deputada do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia.

Infotaula de personaRosana Pérez
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
2020 –
Deputada de España
9 de outubro de 2012 – 13 de xaneiro de 2016
← Francisco Jorquera

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: rosana.perezfernandez.58 Twitter: RosanaPerezGZ Editar o valor em Wikidata
Rosana Pérez Fernández na XVI Asemblea Nacional do BNG en 2017.

Traxectoria editar

Seguiu estudos de formación profesional administrativa, e aprobou unhas oposicións para a Xunta de Galicia, onde obtivo a praza de secretaria de instituto en Ribeira. Afiliada ao BNG dende 1983, foi elixida concelleira na Pobra do Caramiñal en 1995, sendo responsable da área de Servizos Sociais en virtude dun pacto de goberno co PSdeG, o cal se mantivo ata súa ruptura en novembro de 1997, polo cal pasou á oposición. En 1999 encabezou a candidatura do BNG, mantendo os 2 concelleiros da anterior ocasión e pasando a sela portavoz do grupo na oposición. En 2003 subeu a 4 concelleiros, pasando a selo principal grupo da oposición. En 2007 subiu ata os 6 concelleiros, continuando como portavoz na Pobra e sendo designada para ocupar un escano na Deputación da Coruña, onde tamén asumiu a portavocía do BNG. En 2011 mantivo os resultados de 4 anos antes na Pobra, se ben baixou a 5 concelleiros despois de que por mor do descenso de poboación a corporación baixase de 17 a 13 concelleiros.

Membro da UPG, o partido comunista que compón o BNG, formou parte da executiva da fronte nacionalista dende 2006. En 2011 presentouse de número 2 na candidatura do BNG ao Congreso dos Deputados, nas eleccións xerais. Non obtivo escano, pero a dimisión do cabeza de lista Francisco Jorquera un ano máis tarde, para optar á presidencia da Xunta, levouna ao Congreso, ante o cal renunciou como concelleira na Pobra.

En xullo de 2020, preséntase como número 4[1] do Bloque Nacionalista Galego pola provincia da Coruña e consegue un escano no Parlamento de Galicia. Nas eleccións de 2024 concorreu como número 3 e revalidou o seu escano.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[2]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  1. Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "Candidatura do BNG ao Parlamento Galego pola Coruña". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Consultado o 2021-05-19. 
  2. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.