Rosa Chacel

escritora española
(Redirección desde «Rosa Chacel Arimón»)

Rosa Chacel Arimón, nada en Valladolid o 3 de xuño de 1898 e finada en Madrid o 27 de xullo de 1994[1], foi unha prolífica escritora en lingua castelá.

Infotaula de personaRosa Chacel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rosa Clotilde Cecilia María del Carmen Chacel y Arimón Editar o valor em Wikidata
3 de xuño de 1898 Editar o valor em Wikidata
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1994 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de Hijos Vallisoletanos Ilustres (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e tradución Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , tradutora , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela e poesía Editar o valor em Wikidata
MovementoLas Sinsombrero (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa, lingua checa, lingua eslovaca e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTimoteo Pérez Rubio
ParentesJosé Zorrilla (tio-avô (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 20321 Find a Grave: 7528849 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Con 9 anos Chacel foi vivir coa súa avoa materna a Madrid, no barrio de Marabillas que anos despois glosará na súa obra homónima. A súa nai, mestra, duelle a formación elemental na casa, por mor da delicada saúde da nena. Chacel estudou debuxo con Fernanda Francés na Escola de Artes e Oficios da rúa da Palma e na Escola do Fogar e Profesional da Muller e ingresou máis tarde na Escola de Belas Artes de San Fernando, que deixou en 1918. Nese momento comezou a vincularse coa bohemia literaria dos cafés madrileños: Granja del Henar e a Botillería de Pombo, así como co Ateneo de Madrid.

Casou en 1921 co pintor Timoteo Pérez Rubio, con quen tivo un fillo, Carlos. Entre 1922 e 1927 o matrimonio residiu en Italia, grazas a unha bolsa obtida polo seu marido na «Academia de España» de Roma. En 1933 pasará seis meses soa en Berlín, superando a crise creativa creada pola morte da súa nai.

Nestes anos formativos recibiu a influencia de Proust, Joyce, Freud e Nietzsche.[Cómpre referencia] Entra por outra banda no círculo de Ortega y Gasset, e publica na Revista de Occidente dous relatos (Chinina Migone, de 1928, e Juego de las dos esquinas, de 1929) amais do ensaio Esquema de los problemas culturales y prácticos del amor (1931). Escritos seus aparecen tamén en La Gaceta Literaria.

Guerra civil editar

Ao estalar a Guerra Civil Española, Pérez Rubio alístase e Chacel asina o Manifesto dos intelectuais antifascistas, colabora coa prensa republicana e traballa como enfermeira. O agravamento da situación militar fai que se decida o envío ao exterior das obras do Museo do Prado, responsabilidade que se encarga a Pérez Rubio. Chacel e o seu fillo parten a Barcelona, Valencia e máis tarde a Francia, cunha breve estadía en Grecia, onde son hospedados por Nikos Kazantzakis.

Tras a caída da República, reúnese a familia, e trasládase ao Brasil, con breves estadías en Buenos Aires. O seu exilio resulta pouco prolífico no narrativo, mais a situación económica da familia é comprometida.

Regreso a España editar

Reside en Nova York cunha bolsa Guggenheim (1959-1961). A mellora financeira permítelle volver a España, onde permanece até 1963. Unha segunda viaxe de promoción literaria ten lugar en 1970. Instálase definitivamente en España en 1973 cunha bolsa da Fundación March para terminar Barrio de Marabillas, aínda que viaxa periodicamente a Río de Xaneiro, e radicase definitivamente tras a morte de Pérez Rubio en 1977. Esta última etapa é a máis fecunda desde o punto de vista literario.

Obra editar

Novela editar

  • Estación ida y vuelta (1930)
  • Teresa (1941).
  • Memorias de Leticia Valle (1945). Levada ao cinema en 1980 por Miguel Ángel Rivas.
  • La Sinrazón (1960)
  • Barrio de Maravillas (1976)
  • Novelas antes de tiempo (1981)
  • Acrópolis (1984)
  • Ciencias naturales (1988)

Conto editar

  • Sobre el piélago (1952)
  • Ofrenda a una virgen loca (1961)
  • Icada, Nevda, Diada (1971). Inclúe os relatos dos dous volumes anteriores.
  • Balaam y otros cuentos (1989). Literatura infanto-xuvenil.

Poesía editar

  • A la orilla de un pozo (1936). Prólogo de Juan Ramón Jiménez
  • Versos prohibidos (1978)
  • Poesía (1931-1991) (1992)

Biografía e diarios editar

  • Desde el amanecer (1972) Autobiografía.
  • Timoteo Pérez Rubio y sus retratos del jardín (1980)
  • Alcancía. Ida (1982)
  • Alcancía. Vuelta (1982)

Ensaio editar

  • Poesía de la circunstancia. Cómo y porqué de la novela (1958)
  • La confesión (1971)
  • Saturnal (1972)
  • Los títulos (1981)
  • Rebañaduras (1986)
  • La lectura es secreto (1989)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar