Ronnie Brunswijk

político surinamés

Ronnie Brunswijk, nado en Moiwana, Suriname, o 7 de marzo de 1961, é un político, empresario, futbolista, narcotraficante e antigo líder rebelde surinamés, actual vicepresidente de Suriname dende 2020.[1] A principios da década de 1980 foi gardacostas persoal de Dési Bouterse, quen derrocou o goberno en 1980 nun golpe de Estado militar. Despois de ser despedido formou o Exército de Liberación de Suriname, máis coñecido como o Comando da Selva, e iniciou unha guerra civil.

Infotaula de personaRonnie Brunswijk

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Moiwana (Suriname) Editar o valor em Wikidata
Vice-presidente do Suriname (pt) Traducir
16 de xullo de 2020 –
← Ashwin Adhin
Chairman of the National Assembly of Suriname (en) Traducir
29 de xuño de 2020 – 14 de xullo de 2020
← Jennifer Geerlings-Simons (en) TraducirMarinus Bee (en) Traducir →
Member of the National Assembly of Suriname (en) Traducir
2005 – 7 de agosto de 2020
Circunscrición electoral: Marowijne (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuriname Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , adestrador de fútbol , futbolista , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Partido políticoGeneral Liberation and Development Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Inter Moengotapoe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosDamian Brunswijk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Buscaba obter recoñecemento e dereitos para os cimarróns do interior, descendentes de escravos africanos fuxidos que estableceran comunidades independentes nos séculos XVII e XVIII.[2] Ademais, quería "liberar Suriname da ditadura militar".[3] As súas forzas loitaron contra o exército nacional baixo o mando de Bouterse nunha guerra civil chamada Guerra Interior de Suriname. A guerra civil abrangueu de 1986 a 1992, resultando en centos de mortos e máis de 10.000 refuxiados na Güiana Francesa,[4] e a interrupción de importantes industrias mineiras de bauxita.[5] En 1992 asinouse un tratado de paz.[6]

Brunswijk mantívose activo en política, exercendo como presidente do Partido do Desenvolvemento e Liberación Xeral (Algemene Bevrijdings- en Ontwikkelingspartij, ABOP) e como representante na Asemblea Nacional. Ademais, é propietario do club de fútbol Inter Moengotapoe, co que debutou tamén como futbolista aos 60 anos de idade. O 29 de xuño de 2020, converteuse en presidente da Asemblea Nacional de Suriname. O 13 de xullo do mesmo ano foi elixido vicepresidente. Tomou posesión do cargo o 16 de xullo.[7]

Traxectoria editar

Ronnie Brunswijk uniuse ao Exército Nacional de Suriname aos 18 anos. Foi considerado un bo soldado e foi enviado a Cuba para recibir instrución no campo dos comandos. Despois de rematar a súa formación, foi nomeado gardacostas persoal de Dési Bouterse.[8] En 1984, Brunswijk pediu un aumento de salario, pero en vez de atender a súa demanda, foi despedido.[9][10] Ademais, o maior Paul Bhagwandas rexeitou entregarlle os pagos atrasados.[11]

O 22 de xullo de 1986 iniciouse en Stolkertsijver a Guerra Interior de Suriname, cando 12 soldados que vixiaban un posto de control foron capturados polo Comando da Selva dirixido por Brunswijk.[12] Ese mesmo ano, Brunswijk foi condenado in absentia por un roubo a un banco en Moengo o 26 de abril. Dito roubo bancario, un delito non violento, valeulle a Ronnie Brunswijk o título de "Robin Hood de Suriname" debido á súa liberación de fondos roubados das institucións gobernamentais que foron devoltos ao pobo.[9] Durante a guerra, o Comando da Selva recibiu armas e financiamento dos Países Baixos,[10] e o coronel neerlandés Bas van Tussenbroek foi trasladado á Güiana Francesa para transferir fondos,[13] e servir como asesor militar.[14]

Masacre de Moiwana editar

O 29 de novembro de 1986, o exército surinamés vingouse ao atacar a aldea natal de Brunswijk, Moiwana, onde asasinaron polo menos a 39 veciños, na súa maioría mulleres e nenos. Queimaron a casa de Brunswijk e destruíron a aldea. Máis de 100 refuxiados fuxiron a través da fronteira cara á Güiana Francesa, que se converteu nun destino para outros refuxiados a medida que avanzaba a guerra.[5] A Corte Interamericana de Dereitos Humanos ordenou ao goberno pagar millóns de dólares en compensación aos 130 sobreviventes do ataque á aldea.[15]

Actividades de posguerra editar

 
Brunswijk en 2011

O goberno e Brunswijk negociaron un alto o fogo o 21 de xullo de 1989 en Kourou,[16] e acordaron a integración do Comando da Selva no exército regular surinamés, coa responsabilidade de patrullar o seu territorio interior tradicional.[17] O goberno tamén prometeu traballos para os cimarróns na prospección de ouro e silvicultura, xa que estaban illados de moitas industrias en desenvolvemento. O 8 de agosto de 1992 asinouse un tratado de paz definitivo.[6]

Os Países Baixos procesaron tanto a Brunswijk como a Bouterse in absentia por tráfico de drogas, e ambos foron condenados. Brunswijk foi condenado a oito anos de prisión por contrabando de cocaína por un tribunal neerlandés de Haarlem.[18] Despois de recorrer a sentenza, no ano 2000 a súa pena foi rebaixada a seis anos.[19] Dende xullo de 2020 existe unha orde de arresto da Interpol contra el.[20]

En 1990 fundou o Partido do Desenvolvemento e Liberación Xeral (Algemene Bevrijdings- en Ontwikkelingspartij, ABOP), partido que preside dende entón.[21]

En decembro de 2007, no parlamento surinamés, Brunswijk e Paul Somohardjo protagonizaron unha pelexa contra Rashied Doekhi, membro do partido de Dési Bouterse. O evento foi retransmitido en directo por televisión.[22][23]

Brunswijk foi propietario de Robruns NV, unha empresa mineira dedicada á extracción de ouro. En xullo de 2020 transferiu a propiedade das concesións de ouro a unha fundación para poder optar á vicepresidencia do país.[24]

Nas eleccións de 2020 obtivo un escano na Asemblea Nacional.[25] O 29 de xuño do mesmo ano foi elixido presidente da Asemblea Nacional. Posteriormente, presentouse a vicepresidente do goberno,[26] e o 8 de xullo anunciou que sería sucedido por Marinus Bee como presidente da Asemblea Nacional.[27][28][29] Deixou o cargo o 18 de xullo, sendo o presidente da Asemblea que menos tempo estivo no cargo.[30]

O 7 de xullo a coalición nomeou a Chan Santokhi como candidato á presidencia de Suriname e a Ronnie Brunswijk para a vicepresidencia.[26] Non se presentou ningunha outra candidatura, polo que o 13 de xullo de 2020 Brunswijk foi elixido vicepresidente.[31][32] Tomou posesión do cargo o 16 de xullo na Onafhankelijkheidsplein de Paramaribo, nunha cerimonia sen público debido á pandemia de COVID-19.[33]

No mundo do fútbol editar

Como dirixente editar

Á parte da súa actividade política, involucrouse no mundo do fútbol, como propietario do Inter Moengotapoe, club de fútbol con base en Moengo, no distrito de Marowijne.[34] Con este club conquistou numerosos títulos a nivel nacional ata converterse nun dos clubs máis laureados do país. No ano 2002 construíu un novo estadio para o club en Moengo, ao que chamou Ronnie Brunswijkstadion.[35] En 2005 a comisión disciplinaria da Asociación Surinamesa de Fútbol suspendeuno durante cinco anos por ameazar aos xogadores cunha pistola durante un partido. Posteriormente a suspensión foi retractada por falta de probas.[34] En xuño de 2012 foi suspendido por un ano polo seu comportamento violento cara ao árbitro e a un xogador nun partido de fútbol.[36]

Como futbolista editar

O 21 de setembro de 2021 acaparou titulares en xornais deportivos de todo o mundo ao aliñarse a si mesmo como titular nas filas do club do que é propietario, o Inter Moengotapoe, nos oitavos de final da Liga CONCACAF contra o Olimpia hondureño no Franklin Essed Stadion de Paramaribo.[37][38][39][40] Converteuse así, aos seus 60 anos e 198 días, no futbolista de máis idade en disputar unha competición internacional de clubs. Xogou durante 54 minutos, portando o brazalete de capitán, antes de ser substituído na segunda metade polo seu fillo Damian Brunswijk, nun partido que acabou en derrota por 0-6.[41]

Despois do partido, saíu á luz un vídeo que mostraba a Brunswijk pagando aos xogadores do Olimpia, o que levantou sospeitas de que o partido estaba amañado. Ao día seguinte a CONCACAF iniciou unha investigación formal e tres días despois, a federación anunciou que a investigación atopara "incumprimentos graves das regras de integridade", polo que ambos os clubs foron descualificados do torneo.[42] Tamén se lle prohibiu a Brunswijk "participar de calquera xeito nas competicións da CONCACAF" durante tres anos.[43]

Vida persoal editar

Un sobriño de Brunswijk, Clyde Brunswijk, é un loitador profesional de kick boxing.[44] Outro dos seus sobriños, Steven Brunswijk, é un famoso cómico e personalidade televisiva neerlandesa.[45]

Notas editar

  1. Kurmanaev, Anatoli (8 de xaneiro de 2020). "Guerrilla Leader, Drug Baron, Gold Magnate … and Now Social Reformer?". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  2. "The Ndyuka Treaty Of 1760: A Conversation with Granman Gazon" (en inglés). Decembro de 2001. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  3. "Het bloedbad van Moiwana in Suriname" (en neerlandés). 29 de novembro de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  4. Hurpeau, Benoit. "Panorama de la population immigrée en Guyane" (PDF) (en francés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Distrikt Marowijne". suriname.nu (en neerlandés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  6. 6,0 6,1 Boven, Karin M. (2006). Overleven in een grensgebied (PDF) (en neerlandés). Ámsterdam: Rozenberg Publishers. p. 207. 
  7. "Breaking: Ronnie Brunswijk ingezworen als vicepresident Suriname" (en neerlandés). 16 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  8. "De tien gezichten van Ronnie Brunswijk" (en neerlandés). 16 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  9. 9,0 9,1 De Vries, Ellen. "The making of Ronnie Brunswijk in Nederlandse media" (en neerlandés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  10. 10,0 10,1 "Zijne Excellentie Ronnie Brunswijk" (en neerlandés). 11 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  11. Thoden van Velzen, Bonno (1988). De Brunswijk-opstand: Antropologische kanttekeningen bij de Surinaamse burgeroorlog (en neerlandés). Universidade of Groningen. 
  12. "Leger Suriname zoekt gijzelaars" (en neerlandés). 26 de xullo de 1986. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  13. "De bouterse connectie" (en neerlandés). 10 de agosto de 1994. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  14. "Kolonel Bas Van Tussenbroek En Ronnie Brunswijk" (en neerlandés). 12 de novembro de 2000. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  15. "Case of the Moiwana Community v. Suriname" (PDF). Corte Interamericana de Dereitos Humanos (en inglés). 15 de xuño de 2005. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  16. "Compromis in de maak rond Kourou-akkoord" (en neerlandés). 1 de agosto de 1989. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  17. "Sranan. Cultuur in Suriname" (en neerlandés). 1992. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  18. "Acht jaar cel voor Ronnie Brunswijk" (en neerlandés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  19. "Zes jaar cel voor Brunswijk". Trouw" (en neerlandés). 11 de outubro de 2000. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  20. "Santokhi nieuwe president Suriname, de door Interpol gezochte Brunswijk wordt vicepresident" (en neerlandés). 13 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  21. "Ronnie Brunswijk nieuwe voorzitter Surinaams parlement" (en neerlandés). 29 de xuño de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  22. "Surinaamse parlementariërs met elkaar op de vuist" (en neerlandés). 3 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  23. Suriname:Fight in the Parlement,Somohardjo,Doekhie,Brunswijk (YouTube). 14 de decembro de 2007. 
  24. "Brunswijk maakt zich op voor vicepresidentschap" (en neerlandés). 6 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  25. "16 vrouwen gekozen in DNA; 18 oud-leden keren terug" (en neerlandés). 27 de xuño de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  26. 26,0 26,1 "Santokhi presidentskandidaat, Brunswijk wil vicepresident worden" (en neerlandés). 8 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  27. "Brunswijk: Bee zal voorzittershamer Assemblee overnemen" (en neerlandés). 9 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  28. "Concesións de ouro en Suriname" (en neerlandés). 8 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  29. "Marinus Bee neemt vandaag voorzitterschap DNA over" (en neerlandés). 14 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  30. "Brunswijk in fotogalerij DNA als gewezen voorzitter" (en neerlandés). 15 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  31. "Kandidaatstelling Santokhi en Brunswijk een feit" (en neerlandés). 8 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  32. "Breaking: NDP dient geen lijst in" (en neerlandés). 8 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  33. "Inauguratie nieuwe president van Suriname op Onafhankelijkheidsplein" (en neerlandés). 13 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  34. 34,0 34,1 "Ronnie Brunswijk 30 dagen geschorst" (en neerlandés). 20 de abril de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  35. "De voetbalcarrière van Ronnie Brunswijk" (en neerlandés). 19 de setembro de 2008. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  36. "Brunswijk mag een jaar niet meedoen met zijn club" (en neerlandés). 14 de xuño de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  37. Garcia, Adriana (22 de setembro de 2021). "Suriname vice president, 60, becomes oldest player in international club competition". ESPN. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  38. Bonesteel, Matt (22 de setembro de 2021). "Suriname’s vice president inserted himself into a pro soccer match. He’s 60.". The Washington Post (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  39. Tolmich, Ryan (22 de setembro de 2021). "60-year-old Suriname vice president Brunswijk starts CONCACAF League match for Inter Moengotapoe" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  40. "Ronnie Brunswijk, vicepresidente de Surinam, debuta como profesional con 60 años: buscado por la Interpol por narcotráfico, 50 hijos...". Marca (en castelán). 22 de setembro de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  41. "Suriname vice president, 60, plays 54 minutes in CONCACAF League match for team he owns" (en inglés). 22 de setembro de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  42. "Ronnie Brunswijk: Soccer body launches probe after locker room video of Suriname vice president raises 'integrity issues'" (en inglés). 23 de setembro de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  43. "Concacaf Statement regarding Inter Moengo Tapoe and CD Olimpia". CONCACAF (en inglés). 25 de setembro de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  44. "Mixfight in gesprek met: SuperKombat vechter Clyde Brunswijk" (en neerlandés). 23 de setembro de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  45. "Steven Brunswijk - voorheen de ‘Braboneger’ - laat het schuren in ‘Van slaaf tot meester’" (en neerlandés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar