Abrir o menú principal

Ronald Wilson Reagan, nado o 6 de febreiro de 1911 e finado o 5 de xuño de 2004, foi o cuadraxésimo presidente dos Estados Unidos, de 1981 a 1989, e o 33 gobernador do estado de California, de 1967 a 1975. Antes de entrar en política, foi actor.

Ronald Reagan
Official Portrait of President Reagan 1981.jpg
Nome completoRonald Wilson Reagan
Nacemento6 de febreiro de 1911
 Local de nascimento de Ronald Reagan
Falecemento5 de xuño de 2004
 Bel Air
Causapneumonía e Alzhéimer
SoterradoRonald Reagan Presidential Library
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaestadounidenses
Relixiónpresbiterianismo
Alma máterDixon High School e Eureka College
Ocupaciónactor de televisión, actor de cinema, político, autobiógrafo, actor de xénero, guionista, oficial, actor, sindicalista, locutor de radio, estadista e actor de dobraxe
PaiJack Reagan
NaiNelle Wilson Reagan
CónxuxeNancy Reagan e Jane Wyman
FillosMaureen Reagan, Michael Reagan, Patti Davis e Ron Reagan
IrmánsNeil Reagan
Premioscidadán de honor de Berlín, Knight Grand Cross of the Order of the Bath, Orde da Aguia Branca, Collar of the Order of the White Lion, Francis Boyer Award, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Salón da Fama de California, Doublespeak Award, Theodore Roosevelt Award, Horatio Alger Award, Labor Hall of Honor, star on Hollywood Walk of Fame, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, honorary doctorate of the Weizmann Institute, Doublespeak Award e Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum
Ronald Reagan Signature2.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en Illinois, Reagan mudouse ós Ánxeles, California, en 1928, onde traballou como actor, foi presidente do Screen Actors Guild (Sindicato de Actores de Pantalla ou SAG polas súas siglas en inglés) e voceiro da compañía multinacional de infraestruturas, servizos financeiros e medios de comunicación, General Electric (GE). Os seus comezos na política producíronse durante o seu traballo en GE; orixinalmente membro do Partido Demócrata, cambiou ó Partido Republicano en 1962 á idade de 51 anos. Despois de facer un entusiasta discurso en apoio á candidatura presidencial de 1964 de Barry Goldwater, foi persuadido para acadar a gobernación de California, gañándoa dous anos despois e por segunda vez en 1970. Foi vencido na súa carreira polo nomeamento republicano presidencial en 1968 e en 1976, pero gañou tanto o nomeamento como as eleccións en 1980, converténdose en Presidente dos Estados Unidos de América.

Como presidente introduciu novas e ousadas iniciativas políticas e económicas. A súa política económica, encadrada na chamada economía da oferta, fíxose famosa baixo o nome de "reaganomics", caracterizada pola desregularización do sistema financeiro e polas rebaixas substanciais de impostos postos aprobados en 1981. No seu primeiro período, sobreviviu un intento de asasinato, marcou unha liña dura contra os sindicatos e ademais ordenou accións militares na independente illa caribeña de Granada, achegada á costa de Venezuela. Foi reelixido cunha gran maioría nas eleccións de 1984. O segundo período de Reagan estivo marcado principalmente por asuntos estranxeiros, sendo os máis salientables o fin da Guerra Fría, o bombardeo de Libia e a revelación do escándalo Irán-Contra. Previamente, o presidente ordenara un masivo incremento militar para a loita estreita contra a Unión Soviética (URSS), deixando atrás a estratexia da détente. Describiu públicamente á URSS como o "imperio do mal" e apoiou movementos anticomunistas en todo o mundo a través da chamada Doutrina Reagan. Negociou o Tratado INF para o desarme nuclear co secretario xeral soviético Mikhail Gorbachev, logrando a redución dos arsenais nucleares de ámbolos dous países.

Reagan deixou o cargo en 1989. En 1994, o ex-presidente revelou que lle diagnosticaran a doenza de Alzhéimer a comezos dese ano. Faleceu dez anos despois, á idade de noventa e tres, sendo un dos ex-presidentes máis lonxevos do país.

Véxase taménEditar