Roi Rodríguez

piragüista galego

Roi Rodríguez Huertas, nado en Vigo o 21 de xuño de 1994, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.

Infotaula de personaRoi Rodríguez
Nome orixinalRoi Rodríguez Huertas
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1994
Galicia Vigo
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo
Membro do equipo deportivoClub Kayak Tudense

Traxectoria

editar

Trasladouse coa súa familia a Tomiño en 2004, onde se iniciou no piragüismo da man do Club Kayak Tudense.[1] En 2014 en Mantes proclamouse campión de Europa sub-23 na categoría de K1 1.000 metros[2] e participou no Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas absoluto en Brandeburgo logrando un sétimo posto en K1 500 metros.[3] Proclamouse tamén campión de España ese ano, en K4 500 e 1.000 metros, logrando un total de 6 medallas nas distintas categorías do campionato.[4]

Rematou sexto no Europeo absoluto de 2015 en K1 500,[5] ano no que participou tamén nos I Xogos Europeos en Bacú (onde rematou 11º en K1 1.000m e 17º nos 5.000m)[6][7], no Campionato do Mundo sub-23 en Montemor-o-Velho (proclamándose dobre campión do mundo en K1 1.000m e K4 1.000m)[8][9] e no Campionato Mundial absoluto en Milán, onde rematou cuarto en K1 500m.[10]

En 2016 participou no Europeo en Moscova, no K4, formando equipo con Diego Cosgaya, Francisco Cubelos e Albert Martí. Lograron a medalla de bronce nos 500 metros, mentres que finalizaron quintos na final de 1.000 metros.[11] Ao ano seguinte rematou sexto no Europeo en Bulgaria, en K1 500,[12] e, na mesma distancia, quedou ás portas da súa primeira medalla mundial na República Checa, ao acabar cuarto. Nos 1.000 metros dese mesmo Mundial rematou noveno.[13]

En 2018 logrou o cuarto e o quinto posto no Europeo e no Mundial respectivamente, ambas en K1 1.000 metros. Participou tamén ese ano na Copa do Mundo en Szeged, logrando un bronce en K1 1.000 metros e un ouro en K1 500,[14] batendo ademais o récord do mundo nesta distancia, cun tempo de 1:35.149.[15] En 2019, competiu no Campionato Mundial, tamén en Szeged, acadando un oitavo posto en K1 1.000m.[16]

Palmarés internacional

editar
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2016   Moscova   Bronce K4 500 m
  1. "Roi Rodríguez". Facebook (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  2. "Resultados Mantes 2014" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  3. "Resultados Brandeburgo 2014". CanoeResults (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  4. "El Tudense, líder del medallero" (en castelán). 19 de agosto de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  5. "Resultados Racize 2015" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  6. "Actuación española en los Juegos Europeos de Bakú. Día 4" (en castelán). 16 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  7. "La tiradora Fátima Gálvez da a España su tercer oro en Bakú" (en castelán). 16 de xuño de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  8. "Resultados Montemor 2015" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  9. "Roi Rodríguez, campeón del mundo sub23 en K1" (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  10. "Resultados Milán 2015" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  11. "Roi Rodríguez consigue el bronce en el Europeo de Moscú". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xuño de 2016. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  12. "Resultados Bulgaria 2017" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  13. "Resultados Racize 2017" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  14. "Resultados Szeged 2018" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2019. 
  15. "Roi Rodríguez establece un récord del mundo en K-1 500 m". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 2018. Consultado o 26 de decembro de 2019. 
  16. "El tomiñés Roi Rodríguez acaba octavo en la final de K1 1.000 y no logra plaza para Tokio" (en castelán). 24 de agosto de 2019. Consultado o 26 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar