Robertas Javtokas

baloncestista lituano

Robertas Javtokas, nado o 20 de marzo de 1980 en Šiauliai, é un ex xogador profesional lituano de baloncesto. Con 2,11 metros de estatura xogaba na posición de pivote.

Robertas Javtokas
Información persoal
Nacemento 20 de marzo de 1980 (44 anos)
Lituania Šiauliai
Nacionalidade Lituania Lituania
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Universidade Arizona (1999–2000)
NBA Draft 2001 / Rolda: 2 / Elección: 55
Por San Antonio Spurs
Carreira 2000–2017
Historial de equipos
Lietuvos rytas (2000–2006)
Panathinaikos (2006–2007)
Dynamo Moscova (2007–2009)
Khimki (2009–2010)
Valencia (2010–2011)
Žalgiris (2011–2017)

Traxectoria profesional editar

No ano 2000, Javtokas fichou polo Lietuvos rytas e converteuse axiña no mellor pivote da liga lituana. Co Rytas gañou a liga en 2000, 2002 e 2006, e a Copa ULEB en 2005, na que foi nomeado mellor xogador do torneo. Coa súa axuda, o Rytas debutou na Euroliga en 2006.

Para a tempada 2006-07, Javtokas uniuse ó Panathinaikos BC, onde conquistou a tripla coroa tras gañar a liga grega, a copa grega e a Euroliga. O 24 de xuño de 2007, asinou un contrato de dous anos co Dynamo Moscova ruso. En 2009, asinou co BC Khimki ruso.[1] O 15 de xullo de 2010, chegou á Liga ACB tras asinar un contrato de dous anos co Valencia Basket.[2]

En xuño de 2011, Javtokas volveu a Lituania tras asinar por tres anos co Žalgiris Kaunas.[3]

O 8 de xuño de 2017, Javtokas anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[4] O día seguinte, disputou o derradeiro encontro da súa traxectoria profesional.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar