Robert Stephenson

Robert Stephenson nado o 16 de outubro de 1803 e finado o 12 de outubro de 1859 foi un enxeñeiro civil inglés e fillo único de George Stephenson, inventor da primeira locomotora de vapor práctica. Coñécese como deseñador de varias pontes e túneles, incluíndo o túnel de Kilsby, a ponte Britannia e a ponte ferroviaria de Conwy.

Robert Stephenson
Robertstephenson.jpg
Nacemento16 de outubro de 1803
Lugar de nacementoWillington Quay
Falecemento12 de outubro de 1859
Lugar de falecementoLondres
SoterradoAbadía de Westminster
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónenxeñeiro civil, político e enxeñeiro ferroviario
PaiGeorge Stephenson
NaiFrances Henderson
Coñecido porHigh Level Bridge e Conwy Railway Bridge
Premiosmembro da Royal Society, Cabaleiro da Lexión de Honra e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
WikiTree: Stephenson-2618 Find a Grave: 18714 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Estudou na Academia Bruce de Newcastle upon Tyne e na Universidade de Edimburgo. Comezou a traballar co seu pai nos seus proxectos ferroviarios, empezando pola liña de Stockton a Darlington.

En 1823 Robert fundou unha empresa xunto co seu pai e Edward Pease para construír locomotoras, a Robert Stephenson and Company, que fabricou unha boa porcentaxe das primeiras locomotoras do mundo, e estivo operativa até mediados do século XX. O edificio orixinal da fábrica aínda existe en Newcastle, hoxe Centro Robert Stephenson.

Tras o éxito da locomotora The Rocket, a compañía construíu outras para a liña férrea de Liverpool a Mánchester e outras como a de Leicester a Swannington.

En 1833 obtivo o posto de enxeñeiro xefe da London and Birmingham Railway, a primeira liña ferroviaria que entrou en Londres e o primeiro tramo da liña da costa oeste (West Coast Main Line). Este percorrido presentou un gran número de desafíos á ingeniería civil, sobre todo o Túnel Kilbsy, pero foi completado en 1838. Stephenson foi o responsable directo do túnel que atravesaba Primrose Hill. As primeiras locomotoras non podían afrontar a subida do tramo entre Euston e Chalk Farm, así que fixo falta que Stephenson idease un sistema para subir a costa que funcionaba mediante cadeas accionadas por un motor a vapor situado xunto a The Roundhouse.


 
Cabana en Killingworth onde creceu Robert. O reloxo de sol instalado por Robert e o seu pai pode verse sobre a porta principal
 
Deseño da locomotora The Rocket
 
The Rocket de Stephenson, que está exposta no Museo de Ciencias de Londres.


Robert Stephenson foi un experto recoñecido internacionalmente para cuestións ferroviarias. Por exemplo, foi asesor de Paulin Talabot, para a construción do ferrocarril do Gard, visitou o ferrocarril de Orleáns a Tours en Francia, e asesorou na construción da liña de Biscaia a Madrid.Tamén foi membro da Sociedade de estudos do Canal de Suez. No outono de 1850 viaxou por Suíza por encargo do Goberno federal para elaborar dictames sobre a rede ferroviaria prevista.

Entre 1851 e 1853 construíu o ferrocarril de Alexandría a O Cairo en Exipto, prolongado até Suez en 1858.

Construíu pontes famosas, como o High Level de Newcastle, a ponte Britannia, de seccións de ferro forxado, que cruzaba o Estreito de Menai; a ponte de Conwy, entre Llandundno e Conwy; o Viaduto Arnside de Cumbria; o Royal Border Bridge de Berwick-upon-Tweed e unha ponte para estrada e vía férrea de 1850 sobre o Río Nene en Sutton Bridge, Lincolnshire.

Un dos poucos erros na carreira de Stephenson foi o deseño da ponte Dee, que se afundiu mentres o cruzaba un tren. Foi duramente criticado por ese deseño, mesmo antes do desastre, pola mala elección dos materiais.

Como membro do Partido Conservador foi elixido membro do Parlamento por Whitby desde 1847 até a súa morte.

Morreu o 12 de outubro de 1859, pouco antes de facer 56 anos de idade. A pesar da súa rivalidade, Stephenson mantivo unha íntima amizade con Isambard Kingdom Brunel e axudáronse mutuamente en varios proxectos.

O Museo Ferroviario Stephenson en North Shields foi nomeado no seu honor e no do seu pai.


LegadoEditar

A morte de Robert foi profundamente lamentada en todo o país. O seu cortexo fúnebre recibiu o permiso da raíña para pasar por Hyde Park, unha honra previamente reservada á realeza. Emitíronse dúas mil entradas, pero 3000 homes foron admitidos no servizo na Abadía de Westminster, onde foi enterrado xunto ao gran enxeñeiro civil Thomas Telford. Os barcos no Támese colocaron as bandeiras a media hasta e 1.500 empregados de Robert Stephenson & Co. marcharon polas rúas de Newcastle para o seu propio servizo conmemorativo.[1] Deixou propiedades en mans de familiares, amigos e institucións como o North of England Institute of Mining and Mechanical Engineers.[2]

 
Ponte Britania

NotasEditar

  1. Davies 1975, p. 287.
  2. Harding, J.T. (1986), "A History of the North of England Institute of Mining and Mechanical Engineers", The Mining Engineer - Journal of the Institution of Mining Engineers 146: 252–6

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar