Revolución Francesa de 1848

(Redirección desde «Revolución francesa de 1848»)

A Revolución de 1848 puxo fin á monarquía xurdida da Revolución de 1830, a cal foi substituída pola Segunda República Francesa (1848-1852) coñecida como a república social e democrática que estableceu o sufraxio universal masculino e aboliu a escravitude.

Barricada en París

A revolución de 1848 é diferente ás de 1820 e 1830 debido a que nesta irrompe o movemento obreiro, deixando de lado a ideoloxía burguesa que desencadeara as anteriores.

Causas

editar

Como os liberais carecían de sentido social, non promulgaron ningún tipo de lexislación a favor dos obreiros, xurdindo deste modo as Internacionais; é dicir, xa hai socialismo con algún compoñente de marxismo.

A revolución en Francia

editar

As orixes da Revolución de 1848 teñen as súas orixes en Francia, onde reinaba Lois Filipe de Orleáns. Alí mantíñase o sufraxio censatario e os burgueses querían ampliar a participación. Os opositores ao rei comezaron a manifestarse de xeito ordenado, organizando banquetes e protestas en contra do goberno. Acudiron aos movementos obreiros e en moi poucos días París quedou cheo de barricadas coma en tempos da Revolución Francesa. Coas rúas ocupadas, os obreiros chegaron incluso a asaltar o palacio das Tullerías, no que residía o rei, quen tivo que exiliarse en Inglaterra para non regresar xamais a Francia. Deste xeito proclamouse a Segunda República Francesa.

Por primeira vez na historia de Francia, os socialistas entraron no goberno do país, destacando a Louis Blanc; ademais disto, algún membro do movemento obreiro chegou a ministro.

Porén, con todos estes cambios, as masas obreiras non regresaban aos seus barrios. Os socialistas convocan unha manifestación para o 20 de abril nos Campos Elíseos na que exixiron ao Goberno a creación duns talleres para dar traballo aos obreiros en paro. Nestes talleres empregáronse 120.000 obreiros, pero debido ás perdas que supoñían para o estado acabaron por desaparecer.

Nese mes de abril celebráronse eleccións co seguinte resultado:

  • Monárquicos (400).
  • Republicanos (300).
  • Socialistas (100).

Os resultados das eleccións deixan ver de novo que a revolución de París non é a mesma que se vive no resto de Francia. Fórmase un goberno moderado no que estaban presentes todas as forzas. Os obreiros non o aceptan, convocando de novo manifestacións e eleccións, e asaltando o Parlamento. O Goberno tivo que acudir ao exército para que restablecese a orde e, baixo as ordes do xeneral Cavaignac, devolvese os obreiros aos seus barrios.

Coa actuación do exército finalizaron as manifestacións e a revolución retrocedeu. O Goberno comezou a redactar a nova Constitución republicana e presidencialista. No mes de decembro, volvéronse celebrar eleccións, das que saíu un resultado totalmente inesperado:

Napoleón chegou á presidencia da República e firmaou os seus documentos como o "Príncipe Presidente". Un ano máis tarde consultou aos franceses se querían que o país se volvese converter nun imperio, e gañou o si. Deste xeito naceu o Segundo Imperio Francés, e Luís Napoleón pasou a ser Napoleón III de Francia.

A Revolución no resto de Europa

editar
Artigo principal: Revolucións de 1848.

No Imperio Austro-Húngaro desatouse tamén a revolución de 1848. Fernando I de Austria tivo que escapar de Viena pola violencia que había na capital. Producíronse varios enfrontamentos nacioanlistas contra o imperio en Hungría, Bohemia e o norte de Italia. O emperador Fernando viuse obrigado a abdicar e en 1849 subiu ao trono Francisco Xosé, quen logrou frear as revoltas.

No reino de Baviera tamén se produciron intentos de revolución, así como en Roma, capital por aquel entón dos Estados Pontificios, onde se proclaou a República Romana. O papa Pío IX tivo que escapar da cidade ata Gaeta, onde recibiu a axuda dun exército español que o restaurou na sede papal coa axuda de Austria. En España, o xeneral Ramón María Narváez freou os avances da Revolución.