Retináculo extensor da man

O retináculo extensor da man ou ligamento carpal dorsal é un ligamento derivado da fascia antebraquial que mantén unidos os tendóns dos músculos extensores. Está situado na parte posterior do antebrazo, moi preto da man. Continúase a través do ligamento carpal palmar, que está situado no compartimento anterior do antebrazo. É unha banda moi fibrosa, que ocupa a parte posterior do pulso, reforzado por febras transversais.

Retináculo extensor da man
Retináculo extensor
Latín retinaculum musculorum extensorum manus
Gray's pág.458

Insírese na superficie lateral do óso radio. Por dentro insírese no carpo, no óso piramidal e no óso pisiforme. Tamén emite febras de inserción na superficie dorsal radial.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.