Abrir o menú principal
Para outros animais que "reptan, véxase Réptiles,
A cigala (Nephrops norvegicus), un crustáceo marchador típico.

Os reptantes (Reptantia) é un taxon obsoleto de crustáceos decápodos, que comprendía aquelas especiesnécoras, centolas, lumbrigantes e outros moitos animais— caracterizados teren o corpo deprimnido dorsoventalmente e por camiñar polo fondo, en contraposición aos do outro grupo, o dos nadadores (Natantia), que reunía as especies, de corpor deprimido lateralmente e que se moven principalmente mediante a natación, como os camaróns (os carideos ou Caridea e os procaridideos ou Procarididea), os lagostiños e as gambas (dendrobranquiados ou Dendrobranchiata) e os chamados en inglés boxer shrimp, "camaróns bóxer", os estenopodideos ou Stenopodidea.[1][2]

Porén, esta clasificación segue encontrándose nos libros antigos, e mesmo en cursos de bioloxía mariña dalgunhas universidades [3] ou en páxinas web serias.[2]

Índice

Clasificación tradicional dos decápodosEditar

Orde decápodos (Decapoda):[2]

  • Reptadores (Reptantia)
    • Anomuros (Anomura)
    • Braquiúros (Brachyura)
    • Macruros (Macrura)
  • Nadadores (Natantia)

Catacterísticas dos antigos reptantesEditar

Os membros deste grupo caracterízanse por teren o corpo deprimido dorsoventramente e os pleópodos (apéndices abdominais) pequenos (incluso poden estar ausentes), e non se usan na locomoción. As anténulas carecen de estilocerito, e o escafocerito, que pode estar ausente tamén, no caso de existir está pouco desenvolvido.[2]

O grupo dividíase en tres subordes, diferenciadas pola forma do caparazón, a posición e forma do abdome e a morfoloxía dos últimos apédices torácicos: anomuros, braquiúros e macruros.[2]

O cambio na clasificaciónEditar

A división entre Natantia e Reptantia foi cambiada en 1963, cando Martin Burkenroad fundou a suborde Pleocyemata (pleociemados) para aqueles animais que transportaban os ovos nos pleópodos, deixando a outra suborde, a dos Dendrobranchiata dendrobranquiados, para gambas, camaróns e afíns.[1]

Galería de imaxes dos reptantesEditar

Clasificación actual dos decápodosEditar

A clasificación actual dos decápodos, até o nivel de infraordes, segundo De Grave et al., é:[4]

Orde Decapoda Latreille, 1802

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Raymond T. Bauer (2004). Remarkable Shrimps: Adaptations and Natural History of the Carideans. Animal natural history series 7. University of Oklahoma Press. p. 206. ISBN 978-0-8061-3555-7. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Decápodos. Calsificacíón en asturnatura.com (en castelán) Consultada o 8/01/2013.
  3. Reptantia: Crawling Crustaceans en British Marine Life. (en inglés) Consultada o 8/01/2012.
  4. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. 

Véxase taménEditar