República Popular de Crimea

A República Popular de Crimea (en tártaro de Crimea: Qırım Halq Cumhuriyeti) foi unha república que existiu dende decembro de 1917 a xaneiro de 1918 na península de Crimea, localizada no sur da actual Ucraína. Esta república foi o primeiro intento no mundo musulmán de establecer un Estado secular (véxase tamén República Democrática de Acerbaixán). Na súa fundación, a República Popular de Crimea era un dos moitos intentos pasaxeiros de crear novos estados despois de que a Revolución rusa de 1917 causara o derrubamento do Imperio ruso.

Modelo:Xeografía políticaRepública Popular de Crimea
Qırım Halq Cumhuriyeti (crh) Editar o valor em Wikidata

Himnohimno nacional Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°45′10″N 33°51′39″L / 44.752778, 33.860833Coordenadas: 44°45′10″N 33°51′39″L / 44.752778, 33.860833
CapitalBajchisarai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación749.800 Editar o valor em Wikidata (27,92 hab./km²)
Lingua oficialLingua tártara de Crimea Editar o valor em Wikidata
RelixiónEstado laico Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie26.860 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación13 de decembro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Disoluciónxaneiro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
República parlamentaria Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A República Popular de Crimea foi declarada por iniciativa do Qurultay dos tártaros de Crimea, que estipulaba a igualdade de todas as etnias dentro da península; a maioría das persoas que vivían na Crimea do tempo eran rusos (compoñendo un 42 % da poboación da Crimea) ou ucraínos (11 %).[1] Porén os tártaros de Crimea foron durante algún tempo a forza política e cultural dominante sobre a península. Noman Çelebicihan foi o primeiro e único presidente da república.

O Qurultay consistía en 76 delegados, catro dos cales eran mulleres (Efika Gasprinskaya, Anife Bdaninskaya, Ilhan Tohtar e Hatice Avcı). Os delegados eran elixidos de cinco condados: Ialta (24), Akmescit (19), Keffe (16), Kezlev (11), e Orkapi (6).

Os bolxeviques estableceron a RSS da Tavria sobre o territorio de Crimea a principios de 1918 antes de que a zona fose invadida polas forzas da República Popular de Ucraína e do Imperio alemán. Algúns funcionarios do goberno nacional como Cafer Seydahmet Kırımer, que conseguira escapar do terror do bolxevismo, buscaban asilo político en Kíiv e facían unha petición de axuda militar do Exército ucraíno.

Goberno editar

  • Presidente e ministro de Xustiza - Noman Çelebicihan
  • Ministro de Defensa - Cafer Seydahmet Kırımer
  • Ministro de Educación - Ahmet Özenbaşlı
  • Ministro de Finanzas - Seyitcelil Hattat
  • Ministro de Relixión - Ahmet Şükrü

Notas editar

  1. Magocsi, Paul Robert (2007). Ukraine: An Illustrated History. Seattle: University of Washington Press. p. 238. ISBN 0-295-98723-5. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar