Abrir o menú principal

Renegades é o cuarto e derradeiro álbum de estudio da banda Rage Against the Machine. É un disco composto enteiramente por versións de artistas como Minor Threat, MC5, Rolling Stones, Cypress Hill e Devo, e foi editado o 5 de decembro do ano 2000 pola Epic Records, un tempo despois de que Zack de la Rocha dixera que deixaba o grupo. O resto dos membros da banda uniuse logo co ex vocalista de Soundgarden, Chris Cornell, e formaron o supergrupo Audioslave. Rage tivo de todos os xeitos, outro álbum, Live at the Grand Olympic Auditorium, un disco que contén as cancións dos dous últimos concertos que realizaron.

Renegades
Álbum de versións de Rage Against the Machine
Edición5 de decembro do ano 2000
Gravación2000
Estudio(s)Cello Studios, Hollywood
The Village Recorder, Os Ánxeles
Duración60:36
Xénero(s)rap metal, metal alternativo, rapcore, funk metal
Selo(s)Epic Records
Producido porRick Rubin, Brendan O'Brien e Rage Against the Machine

A versión Europea deste disco contén a canción "Kick out the Jams" e "How I Could Just Kill A Man" (con Cypress Hill), tocando durante eses últimos concertos, nos Ánxeles.

A portada do disco lembra á icona da arte pop LOVE (Amor) de Robert Indiana. Hai dúas versións de portadas, unha coas letras negras e o fondo negro e azul, e outra con cor verde substituíndo o azul.

Listaxe de canciónsEditar

N.º TítuloEscritor(es)Artista orixinal (data) Duración
1. "Microphone Fiend"  Eric Barrier, Rakim AllahEric B. & Rakim (1988) 5:01
2. "Pistol Grip Pump"  Volume 10Volume 10 (1994) 3:18
3. "Kick Out the Jams"  Wayne Kramer, Fred "Sonic" Smith, Rob Tyner, Michael Davis, Dennis ThompsonMC5 (1969) 3:11
4. "Renegades of Funk"  Afrika Bambaataa, Arthur Baker, John Miller, John RobieAfrika Bambaataa (1983) 4:35
5. "Beautiful World"  Mark Mothersbaugh, Gerald CasaleDevo (1981) 2:35
6. "I'm Housin'"  Erick Sermon, Parish SmithEPMD (1988) 4:56
7. "In My Eyes"  Ian MacKaye, Jeff Nelson, Brian Baker, Lyle PreslarMinor Threat (1981) 2:54
8. "How I Could Just Kill a Man"  Louis Freese, Senen Reyes, Lawrence MuggerudCypress Hill (1991) 4:04
9. "The Ghost of Tom Joad"  Bruce SpringsteenBruce Springsteen (1995) 5:38
10. "Down on the Street"  Iggy Pop, Ron Asheton, Scott Asheton, Dave AlexanderThe Stooges (1970) 3:38
11. "Street Fighting Man"  Mick Jagger, Keith RichardsThe Rolling Stones (1968) 4:42
12. "Maggie's Farm"  Bob DylanBob Dylan (1965) 6:54
13. "Kick Out the Jams" (Ao vivo. Non está en todas as versións do álbum.)Kramer, Smith, Tyner, Davis, ThompsonMC5 (1969) 4:31
14. "How I Could Just Kill a Man" (Ao vivo, con B-Real e Sen Dog. Non está en todas as versións do álbum.)Freese, Reyes, MuggerudCypress Hill (1991) 4:30