Ron Asheton
Ron Asheton (17 de xullo de 1948 - 1 de xaneiro de 2009)[1] foi un guitarrista estadounidense e coautor xunto a Iggy Pop na banda de rock The Stooges. Formou The Stooges xunto con Pop e o seu irmán, o batería Scott Asheton, e o baixista Dave Alexander. Acadou o número 29 na lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos da revista Rolling Stone,[2] aínda que na actualización da lista en decembro de 2015 pasou ao número 60.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ronald Franklin Asheton 17 de xullo de 1948 Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Morte | 6 de xaneiro de 2009 (60 anos) Ann Arbor, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Educación | Pioneer High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor de cancións, actor, letrista |
Período de actividade | 1963 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Punk rock e hard rock |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Virgin Records |
Familia | |
Irmáns | Scott Asheton |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Biografía
editarNaceu en Washington, D.C.[4] Asheton xa levaba cinco anos tocando o acordeón cando comezou a tocar a guitarra aos dez anos. Aos 13 anos a súa familia mudouse a Ann Arbor, Míchigan e tocou a guitarra nalgunhas bandas locais como Prime Movers e The Chosen Few (coincidindo brevemente con James Williamson, que despois estaría en The Stooges). Coñeceu a Iggy Pop pouco despois e xuntos formaron The Stooges.[5]
Asheton tocou a guitarra nos dous primeiros discos dos Stooges, pasandose ao baixo no terceiro, Raw Power, sendo substituído neste instrumento así como na autoría de cancións polo novo guitarrista da banda James Williamson. Unha vez reunidos de novo os Stooges, volveu a tocar a guitarra na banda.
Ademais dos Stooges, Asheton tamén tocou nas bandas The New Order (non confundir coa banda británica do mésmo nome, Destroy All Monsters, New Race, e máis recentemente xunto a Mike Watt, J. Mascis (de Dinosaur Jr.), Thurston Moore (de Sonic Youth) e Mark Arm (de Mudhoney) entre outros (como The Wylde Ratttz), na banda sonora para o filme de Todd Haynes Velvet Goldmine. Asheton tamén actuou, aparecendo xunto ao protagonista do filme A matanza de Texas Gunna Hansen en Mosquito que se estreou en 1995; así como noutros dous filmes: Frostbiter: Wrath of the Wendigo e Legion of the Night.
Asheton foi atopado morto na súa casa de Ann Arbor, Míchigan, o día 6 de xaneiro de 2009. Morreu uns días antes.[6]
Discografía
editar- Cos Stooges
- The Stooges (1969)
- Fun House (1970)
- Raw Power (1973)
- The Weirdness (2007)
- Con The New Order
- Con New Race
- Con Dark Carnival
- Con the Empty Set
- Thin, Slim & None/Flunkie (1996)
- Con The Powertrane
- Ann Arbor Revival Meeting (2003)
- Outras contribucións
- Botou unha man no proceso de escritura da canción "Hit Them Again" no disco Radios Appear (1977) da banda australiana Radio Birdman.
- Unha canción súa pode escoitarse ao final da película Mosquito.
- Gravou varias cancións para a banda sonora orixinal da película Velvet Goldmine, mais só unha delas foi usada (1998).
- Unha canción en Beyond Cyberpunk (2001).
Notas
editar- ↑ http://www.nme.com/news/the-stooges/41900
- ↑ "100 Greatest Guitarists of All Time". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2007. Consultado o 07 de xaneiro de 2009.
- ↑ Stone, Rolling; Stone, Rolling (2015-12-18). "100 Greatest Guitarists". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-18.
- ↑ Aisner, Art (2009-01-06). "Stooges' guitarist Ron Asheton found dead in his Ann Arbor home". mlive (en inglés). Consultado o 2020-09-18.
- ↑ "Obituary: Ron Asheton". the Guardian (en inglés). 2009-01-08. Consultado o 2020-09-18.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de agosto de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista na revista online Perfect Sound Forever (en inglés).
- Ron Asheton: Calling From The Funhouse en i94Bar (en inglés).
- Entrevista en SuicideGirls (2007, (en inglés)).
- Ron Asheton perfil na NNDB.
- Noticia da súa morte no Chicago Tribune (en inglés).
- Noticia da súa morte no diario El País (en castelán).