Reis Magos

visitantes estranxeiros que visitaron Xesús cando naceu
(Redirección desde «Reis magos»)

Os Reis Magos (tamén coñecidos como os Magos de Oriente) é o nome polo que tradicionalmente se denomina aos visitantes que, tras o nacemento do Neno Xesús, acudiron desde países estranxeiros para renderlle homenaxe e entregarlle agasallos de gran riqueza simbólica: ouro, incenso e mirra.

Reis Magos
SoterradoCatedral de Colonia e Saveh
OcupaciónRei
editar datos en Wikidata ]

Tradición editar

Nalgúns países (como en Galicia) existe a tradición de representaren os reis traendo os agasallos que os nenos lles pediron nas súas cartas durante a noite anterior á Epifanía. En Galicia a lenda dos Reis Magos foi substituíndo ao longo dos últimos séculos o apalpador,[Cómpre referencia] figura propia mítica ligada á tradición do Nadal da que só fican testemuñas nas comarcas orientais de Galicia[1].

 
Reis Magos, en México

Orixe editar

 
Adoracións dos Reis. Resto dun baldaquino, hoxe na parede dunha casa de Ponte Arnelas (Ribadumia)

O nome de magos provén do latín magi e este do grego μάγοι. Este termo, sen ter o mesmo significado que o actual, era un título que se lle daba ás castes sacerdotais do zoroastrismo. Como parte da súa relixión, estes sacerdotes prestaban unha especial atención ao estudo das estrelas, e gañaron unha reputación internacional pola astroloxía.

A figura dos Reis Magos ten a súa orixe nos relatos do nacemento de Xesús, algúns dos devanditos relatos foron integrados dos evanxeos canónicos que hoxe conforman o Novo Testamento da Biblia. Concretamente o Evanxeo de Mateu é a única fonte bíblica que menciona uns magos (aínda que non especifica o número nin o título de "reis") quen, tras seguir unha estrela, buscan o rei dos xudeus que naceu en Xerusalén, guiándolles, a antedita estrela, ata Xesús nacido en Belén, e a quen ofrecen ofrendas de ouro, incenso e mirra. As tradicións antigas que non foron recollidas na Biblia, por exemplo o chamado Evanxeo da infancia de Tomé do século II, con todo, dan o seu número e asígnanlles nome: Melchor, Gaspar e Baltasar, posiblemente sacerdotes zoroastristas provenientes de Persia. Os nomes son ademais diferentes segundo a tradición siríaca. Segundo posteriores interpretacións os Magos foron considerados orixinarios de África, Europa e de Asia.

Non é ata o século XV cando Baltasar pasará a ser representado como unha persoa de cor ou incluso de etnia india[Cómpre referencia].

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Lôpez Gonçâlez, José André, O Apalpador: personagem mítico do natal galego a resgate, revista Vagalume da Asociación Galega Corredor del Henares, 2001, consultable tamén en Portal Galego da Língua (.pdf).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar