Reinhart Heinsdorff

artista gráfico, medallista e deseñador de selos e moedas alemán

Reinhart Heinsdorff, nado en Rimsting, Baviera, o 22 de setembro de 1923, e finado en Ottmaring, Friedberg, Baviera, o 26 de marzo de 2002, foi un artista gráfico, medallista e deseñador alemán, coñecido por ser o creador dos anversos nacionais das moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro alemás.

Reinhart Heinsdorff
Nacemento22 de setembro de 1923
 Rimsting
Falecemento26 de marzo de 2002
 Friedberg
ÁreaMedallística e deseño (moedas, selos etc.).
EducaciónEscola de Belas Artes de Múnic.
ObrasAnversos nacionais das moedas de 10, de 20 e 50 céntimos de euro alemás.
NacionalidadeAlemán
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Entre 1947 e 1952, Reinhart Heinstorff cursou estudos superiores artísticos na Academia de Belas Artes de Múnic, na especialidade de Pintura, con Hermann Kaspar. De 1953 a 1956 continuou estudos de Deseño Gráfico na Escola Superior de Impresión Gráfica con Eduard Ege.[1][2]

A partir de 1956 comezou a traballar como pintor e deseñador independente. De 1986 a 1991 foi profesor de deseño de moeda e medalla na Academia de Belas Artes de Múnic.[1][2]

En 1988, foi un dos fundadores do Círculo de Artistas da Medalla de Múnic, xunto coa conservadora xefa da Colección Estatal de Moedas de Múnic, Ingrid Szeiklies-Weber.[3]

Obra editar

Entre as súas creacións hai medallas, pinturas, esculturas, murais, cartelaría, gráfica comercial e deseño de obxectos.[4] Parte do seu patrimonio artístico consérvase no museo do castelo de Wittelsbach.[2][5]

Heinstorff creou tamén unha gran cantidade de selos postais para a República Federal Alemá,[6] durante a década de 1960, xunto co seu mestre Eduard Ege. A el débenselle tamén os deseños do selo utilizado polos Ferrocarrís Federais de Alemaña ata 1993.[7]

A partir de 1968 comezou co deseño de moedas circulantes e conmemorativas do sistema do marco alemán, con valores faciais de 2, de 5 e de 10 marcos. Heinstorff participou nun total de 56 concursos de deseño, a partir dos cales executou 15 moedas.[8] Entre elas, destaca a primeira moeda de dous marcos da serie de políticos alemáns, coa imaxe de Konrad Adenauer, que se cuñou entre 1969 e 1987.[9]

Coa entrada de alemaña na Eurozona e a conseguinte asunción do euro como moeda oficial do país, en 1998 Heinstorff gañou tamén o concurso para o deseño do anverso nacional das moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro, cuñadas a partir de 2002, caracterizado por unha representación da Porta de Brandeburgo.[8][9][10]

Escolma de traballos editar

Moedas do marco alemán editar

Selos postais editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Steguweit, W. (2014). Páxina 6.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Information about Reinhart Heinsdorff". OnlineCoin.Club
  3. "Der Künstlerkreis der Medailleure München". Staatliche Münzsammlung München.
  4. "Reinhart Heinsdorff, 1923-2002". Pmayermue.de
  5. Steguweit, W. (2014). Páxina 9 (nota 2).
  6. Selos postais deseñados por Heinsdorff. Colnect.com
  7. Steguweit, W. (2014). Páxinas 6-7.
  8. 8,0 8,1 Steguweit, W. (2014). Páxina 7.
  9. 9,0 9,1 Moedas deseñadas por Heinstorff. Numista.com
  10. "Germany. Euro and cent coins" Deutsche Bundesbank. Eurosystem.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar