Abrir o menú principal
A rexión dos Red Hills entre Florida e Xeorxia. A zona vermella indica os límites aproximados da rexión.

Os Red Hills (galego: Outeiros Vermellos) ou Tallahassee Hills (galego: Outeiros de Tallahassee) é unha rexión vernácula de mornos outeiros no sueste dos Estados Unidos, ao cabalo entre o sur do Estado de Xeorxia e o noroeste do de Florida. É unha rexión xeomórfica e unha ecorexión.

Índice

LocalizaciónEditar

A rexión dos Red Hills ou Tallahassee Hills cobre parte dos condados floridanos de Gadsden, Leon e Jefferson, e os xeorxianos de Grady e Thomas. Está delimitada ao oeste polo Río Ochlockonee, ao sur pola Escarpa de Cody, ao este pola conca do Río Aucilla e ao norte pola Meseta Tifton, en Xeorxia. A Escarpa de Cody cae uns 30 metros desde os Red Hills ás Terras Baixas da Costa do Golfo ao sur[1][2][3].

HistoriaEditar

A área foi habitada en primeiro lugar por indios paleoamericanos, que se estableceron tanto ao redor como no interior de varios lagos do sur dos Red Hills. Os indios apalaches atopábanse aquí no século XVI. Os apalaches foron case aniquilados polas guerras, as enfermidades e a escravitude. No século XVIII, os indios seminolas fixeron dos Red Hills o seu fogar até principiar o século XIX e as Guerras Seminolas.

Tamén no século XIX, colonos brancos comezaron a establecer plantacións de algodón, que prosperaron ata a Guerra Civil. No pasado, o condado de Leon foi o quinto maior produtor de algodón de todos os condados de Xeorxia e Florida. Despois da guerra, moitas das plantacións dos Red Hills transformáronse en residencias de inverno e plantacións de caza de colíns para norteños enriquecidos. A área entre Thomasville e Tallahassee dispón aínda de ducias destas plantacións, como as de Greenwood, Pebble Hill e Goodwood.

XeografíaEditar

A xeografía dos Red Hills distínguese por estar chea de outeiros, ramblas e barrancos cubertos de fragas e grandes lagos, como os de Jackson, Iamonia, Miccosukee, Lafayette e Talquin. O punto máis alto nos Red Hills está a 85,3 metros de altitude, a uns 16 quilómetros ao norte de Tallahassee. O chan é de ultisoles depositados durante a última interglaciación, procedentes dos Montes Apalaches. Os ríos que corren pola rexión dos Red Hills son o Río Aucilla, o Río Ochlockonee e o Arroio Telogia. O Río Saint Marks é subterráneo ata aflorar á superficie na Chaira de Woodville Karst.

Flora e faunaEditar

 
A rexión dos Red Hills na área do Golfo de México.

ÁrboresEditar

A área contén un bo número de especies nativas. Hai unha grande variedade de carballos, incluíndo o quercus virginiana, o quercus nigra, o quercus laurifolia, o quercus alba, o quercus lyrata, o quercus stellata e o quercus velutina[4], así como outras árbores de madeira dura como o liquidámbar americano, unha variedade de magnolio, e outros como a nogueira de pecán, o sangomiño florido, o pradairo vermello e o cercis. As coníferas tamén son abundantes, incluíndo o pinus echinata e o pinus taeda. Os Red Hills teñen algúns dos últimos exemplos de bosques dos grandes piñeiros de folla longa que quedan na nación.

Vida salvaxeEditar

A rexión dos Red Hills alberga poboacións de colíns de Virxinia, cervos de cola branca, raposos, mapaches boreais, esquíos das Carolinas, armadillos de nove bandas, osos negros e aves migratorias. O Goberno Federal dos Estados Unidos engadiu para a súa defensa ao carpinteiro de crista vermella, a tartaruga de Florida, o crótalo adamantino, a salamandra tigre e moitos outros animais e plantas[5].

CaracterísticasEditar

A rexión dos Red Hills constitúense como un das maiores áreas de recarga do Acuífero de Florida, que é fundamental para o abastecemento dos residentes de Florida, Xeorxia e Alabama. A rexión dos Red Hills tamén conta coa maior concentración de terras de plantacións sen desenvolver dos Estados Unidos. Por outra banda, esta rexión é considerada polos seus especiais esforzos na conservación do medio ambiente e a organización medioambiental americana The Nature Conservancy distinguiuna como un dos "Últimos Grandes Lugares" de América.

Eventos homónimosEditar

Cada primavera, numerosos afeccionados á hípica reúnense nos Red Hills Horse Trials, unha competición válida para a cualificación para os Xogos Olímpicos que ten lugar no Parque Elinor Klapp-Phipps.

NotasEditar

  1. Florida Natural Areas Inventory (ed.). "Geomorphic Tour" (en inglés). Consultado o 31-5-2012. 
  2. Georgia Department of Natural Resources (ed.). "Georgia Ecoregions" (en inglés). Consultado o 31-5-2012. 
  3. Griffith, G. E.; Omernik, J.M.; Comstock, J.A.; Lawrence, S.; Foster, T. Georgia Department of Natural Resources, ed. "Level III and IV Ecoregions of Georgia" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26-07-2011. Consultado o 1-6-2012. 
  4. Arny, Nancy P. (xuño de 1996). University of Florida, ed. "Common Oaks of Florida" (PDF) (en inglés). Consultado o 2-5-2014. 
  5. Oxford Journals: Stand structures on quail plantations (en inglés)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

BibliografíaEditar