Ramón Rubido
Ramón Rubido Diéguez, nado no Carballiño e finado o 11 de decembro de 1981, foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de gardameta.
Ramón Rubido | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | valor descoñecido | ||
Lugar de nacemento | O Carballiño | ||
Falecemento | 11 de decembro de 1981 | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Rubido xa xogaba no Real Vigo Sporting Club antes da fusión deste para dar lugar ao Celta de Vigo en agosto de 1923, pasando a formar parte do equipo deste. No equipo celeste compatiría a meta cos porteiros Isidro e Lilo. Pese ao ben cuberta que estaba a portería do Celta, ao pouco do nacemento o porteiro titular, Isidro, xunto a outros tres xogadores sería primado polo Deportivo da Coruña para fichar polo equipo herculino contra as normas do momento.
A serie de reclamacións interpostas polo Celta ante a Federación Española e Galega finalmente resolvéronse coa inhabilitación do Deportivo para a competición oficial durante un ano por aliñación indebida e convidábase aos xogadores a recapacitar. Porén só Isidro volvería a disputar algún encontro co Celta antes de fichar definitivamente polo Deportivo ao cabo dun ano.
O 9 de novembro de 1924 disputouse o primeiro derbi oficial entre o Deportivo e o Celta, encontro cunha previa conflitiva ao ter recente a polémica da fuga de xogadores e estar no once inicial tres deles: Chiarroni, Otero e Ramón González. A portería céltica sería defendida polo terceiro porteiro, o propio Rubido. O resultado final foi de 3-0 a favor do Deportivo.
Finalmente deixou o equipo ao rematar a tempada 1924/25 coa chegada doutro porteiro, Emilio Ruíz.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Txema Ereaga (8 de febreiro de 2013). "Rubido: el portero del primer derby". Fame Celeste (en castelán).