Ramón Ferreiro Rodríguez

avogado, falanxista e político galego
(Redirección desde «Ramón Ferreiro Rodríguez-Lago»)

Ramón Ferreiro Rodríguez-Lago, nado en Valladolid o 17 de xuño de 1903[1] e finado en Madrid o 10 de setembro de 1978,[2] foi un avogado, falanxista e político galego.

Infotaula de personaRamón Ferreiro Rodríguez
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1903 Editar o valor em Wikidata
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 2 de outubro de 1957 – Antonio Aparisi Mocholi (en) Traducir →
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFernando Ferreiro Rodríguez-Lago Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Fernando Ferreiro Lago e sobriño de Ramón Ferreiro Lago (notario en Carballo), e de María Esclavitud Ferreiro Lago, muller do tamén notario de Carballo Julio García Gabilán.[3] Avogado e profesor de Artes e Oficios. Ingresou en Falange en decembro de 1933. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu na guerra como voluntario de milicias. Foi xefe da Falange de Ubeda, desenvolveu na provincia de Xaén unha intensa actividade falanxista. Despois foi subxefe provincial de Lugo. Foi nomeado Xefe provincial da Falange de Lugo o 27 de agosto de 1938 para substituír a Ramón Martínez Losada,[4] e gobernador civil e xefe provincial do Movimiento da provincia de Lugo en 1941.[5] Permaneceu no cargo de gobernador até 1943, cando foi nomeado director xeral de ensinanza profesional e técnica.[6] Foi substituído como xefe provincial por Santiago Vallejo Heredia. Despois foi xefe da Obra Sindical de Formación Profesional, posto do que foi substituído por Antonio Aparisi Mocholi en 1957,[7] xerente xeral da Prensa do Movimiento (1956)[8] e presidente da Asociación Española de Pintores y Escultores (1972). Foi procurador a Cortes durante as cinco primeiras lexislaturas do período franquista[9] sendo designado pola Xunta Extraordinaria da Delegación Nacional de Sindicatos.

O seu irmán Fernando foi alcalde de Valladolid (1943-1949) e tamén procurador en Cortes.

Distincións e recoñecementos editar

  • En 1943 foi condecorado coa Orde do Mérito da Aguia Alemá, distinción outorgada por Adolf Hitler.[10]
  • Foi comendador da Orde de San Gregorio Magno.
  • Unha importante avenida da cidade de Lugo leva o seu nome, en contra da Lei de memoria histórica.[11] Así mesmo, é fillo adoptivo da cidade e ten a Medalla de Ouro do concello de Lugo.[12]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 19-2-1943, p. 3.
  2. Necrolóxica no ABC
  3. Yebra de Ares, A. B. (2005). Pazos y señoríos de la provincia de Lugo III. 
  4. El Pueblo Gallego, 28-8-1938, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 18-5-1941, p. 5.
  6. ABC, 19 de febreiro de 1943, p. 5
  7. Cultura do País e A Mesa reclaman unha avenida Lois Pereiro, en El Progreso o 30 de outubro de 2011
  8. ABC, 28 de xullo de 1956, p. 17
  9. Relación histórica de deputados Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
  10. El Pueblo Gallego, 2-2-1943, p. 6.
  11. A Lei de Memoria Histórica "obriga ás administracións públicas a tomar medidas para retirar a simboloxía e mencións que exalten a Guerra Civil e a ditadura".
  12. Distincións, na páxina web do concello de Lugo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar