Rally da Coruña de 1985

15ª edición do Rally da Coruña

O Rally da Coruña de 1985 foi a 15ª edición de dito rally, así como a penúltima proba da tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 10 de decembro de 1985 e o vencedor foi o ourensán Peitos, a bordo dun Alfa Romeo GTV 6.[1]

XV Rally da Coruña
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónA Coruña
OrganizadorEscudería Centollo
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos11
Distancia tramos68,6 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Peitos
AnteriorRally da Coruña de 1984
SeguinteRally da Coruña de 1986

O coruñés José Mora, a pesar de non participar no rally, proclamouse campión galego ao remate deste, tras o abandono na proba do seu máximo rival, Carlos Piñeiro.[2]

Itinerario editar

O rally constou de 246,9 km totais, dos cales 68,6 foron cronometrados, e estivo dividido en dúas seccións. A primeira delas consistiu nun só treito, Mirador de Bens, e disputouse de xeito nocturno a partir das 00:00 horas do día 10. A segunda sección correuse a partir das 8:30 da mañá e consistiu en dúas pasadas polos treitos de Cambre, Limiñón, Ois, Doroña e Vilouzás.[3]

Resumo editar

Carlos Piñeiro comezou liderando a proba pero tivo que retirarse nada máis comezar a segunda etapa, por culpa dun erro das súas asistencias, que colocaron gasóleo en vez de gasolina no seu Porsche 911 SC. O seu abandono provocou a perda de todas as súas posibilidades de proclamarse campión galego de 1985, indo o título a parar matematicamente ás mans de José Mora, que non participou no rally.[2]

O lucense José Luis Vilanova, conducindo tamén un Porsche 911 SC, ocupou a praza de Piñeiro ata o terceiro treito, cando foi superado polo Alfa Romeo de Peitos, que xa non abandonou o liderado en toda a proba, chegando a marcar o mellor tempo en seis dos treitos. Logo Vilanova sufriu unha saída de estrada nun dos enlaces e foi penalizado no control, perdendo a segunda praza e caendo ata o posto 14º final, a pesar de ter sido o máis rápido en tres dos treitos.[1]

O Renault 5 GT Turbo de Alfonso Pavón foi o que chegou finalmente á meta en segundo lugar, despois de manter un duelo durante todo o rally co Renault 5 Copa Turbo de Germán Castrillón. Castrillón fora por diante de Pavón durante todo o rally pero perdeu a súa escasa vantaxe no último tramo ao saírse da estrada, chegando finalmente terceiro. Diego Barcia foi en cuarta posición gran parte do rally, pero no último treito acabou nunha silveira e quedou relegado á novena posición final.[1]

Unha das pasadas por Limiñón tivo que ser anulada despois dun duro accidente de José Caamaño e o seu copiloto Carlos García, tendo que ser trasladado este último ao hospital.[1]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Automóbil
1   "Peitos"   Francisco Javier Salgueiro Alfa Romeo GTV 6
2   Alfonso Pavón   Guillermo Díez Renault 5 GT Turbo
3   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Renault 5 Copa Turbo
4   Víctor López   Couce SEAT 124 2000
5   Arturo Rial Ford Fiesta
6   Manuel Balado   Quián Talbot Samba Rallye
7   Jano Outeiriño Ford Fiesta XR2
8   Míguez SEAT 124 2000
9   Diego Barcia SEAT 124 2000
10   Morado Renault 5 GT Turbo
14   José Luis Vilanova Valverde Porsche 911 SC
Abandonos
-   Carlos Piñeiro   Julio Orozco Porsche 911 SC
  José Caamaño   Carlos García Renault 5 GT Turbo

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Arévalo, Fernando (11 de novembro de 1985). "Los orensanos Peitos y Salgueiro ganaron el «XV rally de La Coruña»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 48. 
  2. 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (12 de novembro de 1985). "Pese a no correr en La Coruña, Mora es campeón gallego de rallys". La Voz de Galicia (en castelán). p. 45. 
  3. "El XV Rally de La Coruña se disputará los próximos días 9 y 10 de noviembre". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de outubro de 1985. p. 35. 


Predecesor:
Rally San Froilán
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1985
Sucesor:
Rally de Pontevedra