Rally de Pontevedra de 1985

2ª edición do Rally de Pontevedra

O Rally de Pontevedra de 1985 foi a segunda edición de dito rally, así como a última proba da tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 7 de decembro de 1985 e o vencedor foi o mexicano Ricardo Gallardo, a bordo dun Porsche 911 SC.[1]

Modelo:Competición deportivaRally de Pontevedra de 1985
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally de Pontevedra e Tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Número de participantes43 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición2  (1985) Editar o valor em Wikidata

2021 Editar o valor em Wikidata

Resumo

editar

O campionato galego chegou á última proba co título xa decidido a favor de José Mora e o seu copiloto Luís Moya, polo que estes non tomaron a saída, como tampouco o fixeron Carlos Piñeiro nin José Luis Vilanova.[2]

O ourensán Peitos, cun Alfa Romeo GTV, comezou liderando a proba, pero tivo que retirarse no terceiro treito, despois de saírse da estrada. Ao chegar a Cangas, o tamén ourensán Alfonso Pavón lideraba a proba co seu Renault 5 GT Turbo, con 24 segundos de vantaxe sobre o mexicano afincado en Pontevedra Ricardo Gallardo. Tras eles chegaban Enrique Fernández "Vila", tamén cun GT Turbo e Carreira e Obdulio Fernández "Lute", ambos con SEAT 124 FL 90.

Nos últimos tres treitos Gallardo recortou as diferenzas con Pavón ata poñerse por diante e gañar o rally. Con todo, a Pavón o segundo posto serviulle para proclamarse subcampión galego por detrás de Mora. O ourensán "Vila" completou o podio.[1] Entre os SEAT Panda o vencedor foi José María Magdaleno, mentres que José Pereira chegou segundo, proclamándose vencedor do Trofeo Panda 1985.[1]

A carreira disputouse cunha intensa choiva que provocou numerosos abandonos, entre eles os de Peitos, Lute, Manuel Balado e Javier Arosa. Só 23 vehículos chegaron á meta.[1]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1   Ricardo Gallardo   M. Fandiño Porsche 911 SC
2   Alfonso Pavón Renault 5 GT Turbo a 8''
3   Vila Renault 5 GT Turbo
4   Carreira SEAT 124 FL 90
5   Roberto Torres Talbot Horizon
Abandonos
-   "Peitos" Alfa Romeo GTV -
-   "Lute" SEAT 124 FL 90 -
-   Manuel Balado Talbot Samba Rallye -
-   Javier Arosa SEAT Panda 45 -
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Arévalo, Fernando (9 de decembro de 1985). "Gallardo se adjudicó el rally de Pontevedra y Pereira ganó el campeonato gallego «Panda»". La Voz de Galicia (en castelán). p. 30. 
  2. Arévalo, Fernando (4 de decembro de 1982). "Rally de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42. 


Predecesor:
Rally da Coruña
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1985
Sucesor:
-