RMS Berengaria

Transatlántico alemán

O RMS Berengaria (orixinalmente, SS Imperator) foi un transatlántico alemán que comezou o seus servizos baixo a compañía Hamburg America Line. Foi construído nos estaleiros de AG Vulcan en Hamburgo en 1913. Foi o primeiro da clase Imperator, que inclúe o SS Vaterland e o SS Bismarck. Tras a primeira guerra mundial, o transatlántico foi cedido a compañía británica Cunard Line como compensación de guerra polo afundimento do RMS Lusitania, que foi torpedeado por un submarino alemán en 1915. Ao comezo do seu servizo para Cunard, mantivo o seu nome orixinal (Imperator), pero ao pouco tempo mudoulle o nome a RMS Berengaria. En 1938, o Berengaria sufríu un incendio que provocou que se comezara o seu despezamento, rematado en 1946. Ata a posta en servizo do SS Vaterland, o Imperator foi o barco máis grande do mundo.

1913-1918: SS Imperator
1918-1919: USS Imperator
1919-1938: RMS Berengaria

O Berengaria, fotografado nos anos vinte.
Historial
Estaleiro AG Vulcan, Hamburgo Alemaña
Clase Imperator
Tipo Transatlántico
Operador Hamburg America Line
Cunard Line
Porto de rexistro Alemaña Hamburgo (1913-1919)
Liverpool (1919-1938)
Botado 22 de maio de 1912
Viaxe inaugural 20 de xuño de 1913
Baixa 1938
Destino Retirado do servizo en 1938, e despezado entre 1938 e 1946.
Características xerais
Desprazamento 52.117 t
Eslora 276 m
Manga 29.95 m
Puntal 10.72 m
Propulsión 4 hélices
Capacidade 4.234 pasaxeiros

Historia

editar
 
A popa do Imperator na súa botadura.

Comparable en tamaño co RMS Olympic e o HMHS Britannic e botado poucos meses despois do afundimento do RMS Titanic foi un dos buques de pasaxeiros máis grandes xunto co SS Vaterland e o SS Bismarck. A súa silueta distintiva estaba coroada na proa cun grande mascarón dun aguia imperial alemá de bronce sostendo entre as súas garras un orbe.

SS Imperator

editar
 
O Imperator coas cores da HAPAG, no ano 1913.

Realizou a súa primeira e única viaxe ao servizo da HAPAG na ruta Hamburgo-Southampton-Cherburgo-Nova York o 11 de xuño de 1913 baixo o mando do comodoro da liña Hans Ruser, chegando a Nova York o día 19 do mesmo mes. O buque volveu cara Europa o 25 de xuño.

O Imperator tivo inicios bastante complicados a partir de 1913 por varias dificultades técnicas e deficiencias de enxeñaría, entre elas o elevado centro de gravidade que provocaba un campaneo escorando banda a banda de xeito pronunciado cando viraba, isto provocou que fóra coñecido como "Limperator" (limp é coxeira en inglés). Ante este problema, tívose que modificar de emerxencia, eliminando os mobles pesados da primeira clase e inxectouse cemento no dobre fondo.

Primeira guerra mundial

editar
 
O USS Imperator no porto de Nova York en 1918.

O Imperator permaneceu amarrado no porto de Hamburgo durante toda a primeira guerra mundial e debido ás súas deficiencias non foi destinado a ningún uso militar, nin se instalaron aparellos para a artillaría.

Rematada a guerra, foi comisionado pola US Navy e levado ao porto de Brest en Francia para repatriar a 2.100 efectivos a Nova York. Nese tempo foi rebautizado como USS Imperator (ID 4080) e operou ata 1919 coa Cruiser and Transport Force, realizando outras tres viaxes nas que repatriou a uns 25.000 soldados, enfermeiras e civís ós EEUU.

RMS Berengaria

editar
 
O RMS Berengaria despois de incorporarse á frota da Cunard Line.

Ao ser descomisionado da US Navy foi transferido ó British Shipping Controller en calidade de botín de guerra e alugado á navieira Cunard Line que o utilizou, aínda baixo o nome orixinal, en nove viaxes entre 1920 e 1921. A Cunard recibiu o barco en pésimas condicións de mantemento, polo que tivo que investir miles de libras esterlinas para deixalo como o resto dos seus barcos operativos, isto demorouse desde marzo ata xullo de 1920. A Cunard comprouno en 1921 e renomeouno RMS Berengaria. Adicionalmente o seu motor propulsor foi modificado en 1922 para usar petróleo en lugar de carbón. O seu primeiro capitán inglés foi Arthur Rostron, ex capitán do Carpathia.

Serviu durante 14 anos como buque insignia da Cunard ata 1934, ano en que foi substituído polo antigo Bismarck agora renomeado como RMS Majestic. No 1938 comezou a sufrir unha serie de incendios por mor dos seus vellos cables que decidiron o seu retiro en 1939. Finalmente foi despezado en 1946.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar